Nova convocatoria de axudas das ARIs Centro Histórico e Estribela para a rehabilitación de edificios e vivendas por case 670.000 euros. Pontevedra

Foto: Concello de Pontevedra

A Xunta de Goberno local aprobou hoxe as bases ducha nova convocatoria das axudas á rehabilitación de edificios e vivendas nas Áreas de Rehabilitación Integral (ARIs) do Centro Histórico e Estribela. Será a oitava fase no caso de Estribela e a terceira no caso do Centro Histórico e teñen unha contía conxunta de 664.621,45 euros.

Unha vez as bases sexan publicadas no Boletín Oficial da Provincia (BOPPO) os particulares interesados nestas axudas terán por diante un prazo de tres meses para presentar a solicitudes.

Coas axudas das ARIs pódense acometer calquera tipo de rehabilitación da vivenda ou dos edificios (agás acabados e decoración). Entran nestes proxectos obras de eficiencia enerxética, espazos comúns dos edificios, accesibilidade…

O portavoz municipal, Raimundo González sinalou que, polo que respecta ao Centro Histórico, declarado Área de Rehabilitación Integral pola Xunta en outubro de 2012, están previstas 35 actuacións e achegas por valor de 552.121,81 euros. No caso de Estribela, declarada ARI en maio de 2007, son 23 as actuacións previstas e 112.499,64 euros, o valor das achegas.

Ademais de axudas á rehabilitación e melloras de edificios e vivendas dirixidas aos particulares, os ARIs tamén contemplan subvencións para actuacións nos espazos público

Comparte!!!

Relacionados