A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado presenta unha nova edición do certame en liña de mensaxes de amor en galego, Lingua de namorar 2019, dirixido a todas as mozas e mozos de 14 a 35 anos.
As mensaxes de amor deberán estar escritas en lingua galega e poderanse redactar en prosa ou en verso. A extensión máxima da mensaxe será de 350 caracteres, incluídos os espazos en branco.
Para participar no concurso, terás que cubrir e enviar ¬ este formulario.
¬Bases completas do concurso.
O prazo para enviar as mensaxes remata o luns 28 de febreiro.