O Banco Etcheverría, un banco galego e o máis antigo de España

O Banco Etcheverría foi unha entidade bancaria fundada por Juan Etcheverry en Betanzos en 1717, sendo até a súa desaparición, en 2014, o banco máis antigo de España.

O 18 de decembro de 2013, o Banco Etcheverría, filial de Banesco (Banesco Banco Universal) , comprou o 88,33 % do capital de NCG Banco ao Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria (FROB) e ao Fondo de Garantía de Depósitos (FGD).

O 14 de novembro de 2014 produciuse a súa fusión con NCG Banco. Nunha fin de semana realizouse a fusión tecnolóxica e o cambio de marca nas oficinas de Banco Etcheverría.

Foi fundado polo vasco-francés Juan Etcheverry, de nacionalidad francesa, quen se estableceu en Betanzos. Alí fundou o banco en 1717 e unha fábrica de curtidos de pel, que chegou a ser unha das máis importantes de Galicia.

Os seus herdeiros continuaron o negocio bancario, que sempre estivo en mans da familia a través de xeracións (o primitivo apelido Etcheverrytransformouse en Etcheverría para darlle a ortografía castelá).

En 1964 transformouse en sociedade anónima. Todos os accionistas eran membros da familia Etcheverría, até que en 2002 Caixa Galicia e Banco Etcheverría chegaron a un acordo polo que a caixa adquiriu o 37,12 % do banco por 13,25 millóns de euros.

En abril de 2013 o banco venezolano Banesco adquiriu o 44,73 % de Banco Etcheverría a NCG Banco, heredeiro dos activos financeiros de Caixa Galicia, así como parte da participación da familia Etcheverría. Desta maneira, o 69,74 % do capital social de Banco Etcheverría pasou a ser propiedade da entidade venezolana. Ademais, o presidente de Banesco, Juan Carlos Escotet, foi nomeado vicepresidente do consello de administración de Banco Etcheverría.

Daquela, o banco dispoñía de 26 oficinas (24 en Galicia, unha en Madrid e outra en Valladolid). En xuño de 2013 anunciouse a compra por parte de Banco Etcheverría a NCG Banco dun paquete de 66 oficinas da súa rede de fóra de Galicia por 75,4 millóns de euros.

O 18 de decembro de 2013 anunciouse que Banco Etcheverría, filial de Banesco, era o vencedor da poxa de NCG Banco na primeira fase da mesma, tras unha oferta de 1 003 millóns de euros, sen axudas públicas excepto unhas garantías adicionais de 275 millóns. Deste xeito, comprou o 88,33 % do capital de NCG Banco que estaba en poder do Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria (FROB) e o Fondo de Garantía de Depósitos (FGD).

O 25 de xuño de 2014 culminose a adquisición e aprobouse a designación do presidente de Banco Etcheverría, Javier Etcheverría, como presidente de NCG Banco.

O 6 de outubro de 2014, as Xuntas Xerais de Accionistas de NCG Banco e Banco Etcheverría respaldaron a fusión por absorción de Banco Etcheverría por NCG Banco. O 14 de novembro de 2014 produciuse a fusión con NCG Banco. Nunha fin de semana realizouse a fusión tecnolóxica e o cambio de marca nas oficinas de Banco Etcheverría.

A entidade resultante tiña sede social en Betanzos (A Coruña).

O 1 de decembro de 2014, NCG Banco, S.A. cambiou a súa denominación social por ABANCA Corporación Bancaria, S.A.

Fonte: Wikipedia

 

Comparte!!!

Relacionados