O Belén Artesanal en Movemento de Valga

O Belén Artesanal en Movemento de Valga é unha das composicións do Nadal máis espectaculares de Galicia, non só polas súas dimensións, xa que non se limita a recoller escenas típicas da tradición relixiosa, senón que incorpora tamén elementos da actualidade.

É un dos acontecementos sociais e culturais máis importantes e esperados do ano, e non só para os valgueses, senón tamén para miles de persoas que deciden trasladarse desde diferentes puntos de Galicia até esta localidade co único propósito de entreterse mirando de preto esas pequenas e entrañables figuras talladas a man que representan todo tipo de motivos do Nadal, pero tamén aspectos relacionados coa actividade e a actualidade en Valga e en toda España.

Este belén non só redúcese a representar o nacemento senón que o sitúa dentro do contexto dunha aldea galega, en especial dunha aldea de Valga. As escenas que se representan non son as típicas dun deserto e camelos, que tamén os hai, senón que pasamos a ver como nunha casa están a realizar a tradicional matanza do porco ou como unha muller ordeña unha vaca, entre outras moitas escenas da Galicia rural que se poden contemplar, nunha paisaxe con distintos microclimas dentro dun espazo de enormes dimensións. Está considerado como o belén artesanal en movemento máis grande de Galicia e un dos máis importantes de España. Consta aproximadamente de algo máis de 3.000 pezas, estando moitas delas en movemento.

Xunto ás escenas relixiosas clásicas: os Magos de Oriente, o nacemento de Galicia (a matanza do porco, o ferreiro, colléitaa do trigo, elaboración de viño e de bagazo, a Santa Compaña,…) e escenas locais da zona (distintas procesións que se celebran ao longo do ano no municipio, a Festa da Mocidade, as escavacións arqueolóxicas de Igrexa Vella, …). Entre as figuras atópanse personaxes ilustres do municipio de Valga (A Bela Otero e Xesús Ferro Couselo) como de Galicia (Rosalía de Castro, Castelao, Camilo José Cela,…).

Vídeo

Fonte: www.belendevalga.es

Comparte!!!

Relacionados