As nosas costas, e sobre todo, a famosa “Costa da Morte”, é temida en todo o mundopola súa dureza, é a cara implacable e severa da costa galega, con fortes ventos, cantiis inclementes e con grandes arrecifes e roquedales.
O certo é que a pesar da súa crueza, a Natureza neste punto ofrece unha estampa espectacular, pero tamén impresiona, e é cruel. Todos temos recordos “negros” na nosa memoria desta costa con naufraxios importantes, pero como é lóxico, antigamente era moito peor, porque claro non había gardacostas, nin helicópteros que acudisen ao rescate.
É así como na costa dá morte todos os naufraxios son tristes, pero hai algún que outro que queda especialmente marcado na memoria dos seus pobos.
Tal é o caso do barco do a Mariña Británica “Serpent”, que en febreiro de 1893 asucaba augas galegas nunha xornada con condicións marítimas pésimas, con temporal, fortísimo ventos e guiándose pola luz de Cabo Vilán.
A noite é tremendamente escura, e van percorrendo unha costa chea de arrecifes de rocas sen atopar refuxio en ningún lado. O temporal segue, e finalmente o barco creba, intentan salvarse nos botes salvavidas pero non lles dá tempo…
Ao final morreron cento setenta e dúas persoas, só se salvaron tres persoas, e os galegos desde a costa intentaron recuperar todos os cadáveres que puideron recoller.
Os corpos foron enterrados na zona, nun pequeno recinto coñecido como “O cemiterio dos ingleses”.
Vídeo