O Concello de Allariz comezará unha nova campaña de información porta a porta sobre compostaxe de materia orgánica e reciclaxe de aceite usado. Tamén se darán indicacións no referente as outras fraccións de reciclaxe.
Nesta campaña o Concello de Allariz entregará contedores de 10l para uso doméstico, composteiros e funiles para a recollida de aceite.