A Concellaría de Igualdade de Pontevedra pon a disposición das persoas interesadas un autobús gratuíto á manifestación feminista do 3 de marzo en Lugo. Sairá ás 8.30 horas da capela de San Roque (1a parada) e ás 8.45 no mercado de abastos (2a parada) e ten previsto o regreso para as 16.00 horas.
Para as interesadas en viaxar neste autobús ábrese un prazo de inscrición que comeza o venres 22 de febreiro e que estará aberto até o vindeiro día 27. As Inscricións nas oficinas do CIM de luns a venres de 09.00 a 14,00 horas ou por correo electrónico igualdade@pontevedra.eu , deixando os seguintes datos: Nome e apelidos, DNI, enderezo, idade, teléfono e correo electrónico.
As mozas menores de idade deberán ir acompañadas por unha maior de idade e presentar autorización materna/paterna acompañada de copia de DNI.
Prazas limitadas. Asignaranse por orde de inscrición.