O mexillón: Ademais de comerse; coas súas barbas facíanse traxes dourados

Coñecido como Mejillón, mejillón mediterráneo, mexilón, mixilón, mixillón, blue mussel, commom mussel, moule commune, moule comestible, muscle, mexilhão.

O seu nome científico: Mytillus galloproviciales (Lamarck, 1819)

Distribúense no Atlántico e no Mediterráneo.

Como ben sabedes no caso de Galicia os mexillóns se “cultivan” en bateas, estruturas flotantes no mar. Nelas é onde se adhiren e viven e refuxian máis dun centenar de especies de animais mariños. Para que vos fagades unha idea, o peso que pode alcanzar unha batea de seres vivos, rolda as oitenta toneladas.

De feito a gran cantidade de organismos que poden chegar a vivir nunha batea poderían producir conflitos ecolóxicos. Os desfeitos, feces e mudas dos animais afúndense cara ao fondo e orixínase así un espeso tapiz que impide o asentamento doutras especies, como a navalla, a vieira, a ameixa etcétera. As cifras dino todo, o volume de sedimentos pode chegar ao sesenta gramos por metros cadrado e día.

Na nosa terra en mexillón posúe ademais a Protección da Denominación de Orixe, e deste coidado, atención e vixilancia encárgase o Consello Regulador do Mexillón de Galicia.

Doutra banda as conservas de mexillón ocupa o terceiro posto das máis consumidas en España, despois do atún e as anchoas, e por diante das sardiñas.

A tempada óptima para o seu consumo son as que abarcan de setembro a novembro.

Cando se facían traxes de ouro cos mexillóns.

Os mexillóns posúen uns filamentos sedosos chamados biso, que son os que usa o mexillón para aferrarse ás rocas e son tan consistentes e resistentes que poden ser manipulados para tecer teas. Tal era así que entre os séculos XV e XVI era unha actividade usual nos países con costa da Europa do sur; fabricando gran cantidade de tea que era empregada na elaboración de luvas e túnicas.

Rechamante e por iso apreciado era, o que estas pezas co transcorrer do tempo ían adquirindo un atractivo brillo e ton dourado, e esta característica fixo, que fosen moi valoradas polos aristócratas da época.

Contar para ilustrar esta circunstancia unha anécdota histórica: Un cume que se produciu entre os reis Enrique VIII de Inglaterra e Francisco I de Francia foi denominada como “Campo do Traxe de Ouro”, xa que a maioría dos nobres alí reunidos portaban vestimentas tecidas con bisos de mexillón; di a tradición que aquelas comitivas brillaban coma se estivesen confeccionadas con fíos de ouro.

Bioloxía do mexillón

Mytullus galloprovicialis é unha especie invasora que desprazou ás autóctonas nos lugares en que foi introducido, como na costa galega e cantábrica (M. edulis).

O mexillón é un bivalvo filtrador que se alimenta de plancto e de materia orgánica que flota na auga.

A súa cuncha é de cor negra violáceo; o corpo é alaranxado nas femias e amarelo pálido nos machos.

As células reprodutoras libéranse e fecundan na auga. Reprodúcese dúas veces ao ano, na primavera e no outono; é unha especie de rápido crecemento, sobre todo entre os meses de xuño e agosto.

 

Comparte!!!

Relacionados