O Nadal na tradición galega

O Nadal en Galicia está moi ligada ao solsticio de inverno, -que os celtas chamaron Yule-, momento no que as horas de luz son escasas xa que o sol está no seu momento máis baixo.

Máis tarde a Igrexa establecería unha data próxima a esta como data para a celebración do Nacemento de Jesús, como forma de que aos poucos os fieis prestasen menos atención aos seus costumes pagáns.

Ao amencer e co son da gaita iníciase esta celebración, onde a comida e a bebida son os protagonistas da xornada. Esta festa, -que se celebra no alto da montaña-, dura todo o día e toda a noite até o comezo dun novo día.

Durante esta festividade queimábase un tronco, que ardía lentamente en honra ao nacemento do novo sol, e a cuxos carbóns se lles atribuía propiedades máxicas. Hoxe en día, isto forma parte dos costumes do Nadal de Galicia, -chamada Tizón ou Cepo de Nadal-, e as súas cinzas bótanse ao lume nos días de tormenta para protexer a casa dos raios.

Desta tradición tamén proceden os doces con forma de tronco, -xa sexan de chocolate ou de mazapán-, que se degustan nestas datas.

Moito antes que Papá Noel en Galicia existía a figura do Apaldador, -que hoxe en día está en vías de recuperación-. O apaldador é un xigante, de oficio carboeiro, que vive nas montañas. En Nadal baixaba ás aldeas para tocar as barrigas dos nenos e nenas e comprobar se estaban ben alimentados. Antes de marcharse e desexarlles un bo ano, deixáballes un puñado de castañas asadas.

E por suposto, que é un Nadal sen cantar unha panxoliña? As “panxoliñas”, tamén están presentes nestas datas.

Fonte: Turismo de Galicia

Comparte!!!

Relacionados