O Obradoiro de Poesía Visual dará lugar a unha Mostra na Casa dos Poetas. Celanova

A Casa dos Poetas acolleu o sábado16 de febreiro a segunda e derradeira xornada do “Obradoiro de poesía visual” impartido polo artista Xosé Poldras.

A xornada centrouse no retoque dixital en grupo, de cada obra fotográfica final, para dar unha eventual uniformidade ao traballo e na busca de versos dos escritores de Celanova que se adecúen as metáforas realizadas co material de refugallo.

As vinte imaxes resultantes deste obradoiro exporanse nunha mostra que organizará a Casa dos Poetas a partir de marzo.

 

Comparte!!!

Relacionados