O proxecto para a rehabilitación das termas da Chavasqueira entra no rexistro do Concello de Ourense

A empresa xestora das termas de A Chavasqueira, Ibernisha SL. vén de presentar no rexistro do Concello de Ourense o proxecto de rehabilitación das termas da Chavasqueira, paso previo necesario para a posta en marcha das obras de recuperación desta infraestrutura termal.

A presentación do proxecto realizase case un mes despois do incendio das termas, na noite do 24 de abril. O documento someterase á tramitación dos preceptivos informes municipais e sectoriais necesarios, previos á súa aprobación polo Concello no caso de que estes informes sexan positivos.

A empresa concesionaria, que investiu preto de dous millóns de euros nas instalacións de Outariz, destinará agora un orzamento de 475.167 euros (IVE engadido) para reconstruír as instalacións da Chavasqueira e devolvelas ao mesmo estado no que se atopaban antes sinistro.

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, confirmou que “o Concello axilizará ao máximo esta tramitación, no marco do seu compromiso porque a cidadanía volva gozar o antes posible destas instalacións de referencia do noso termalismo”. Nos seus 18 anos de funcionamento, pola Chavasqueira pasaron más de un millón de usuarios.

Comparte!!!

Relacionados