O Río Támega

O Río Támega é un río nacido en Galicia e afluente importante do Douro ao seu paso por Portugal.O seu nome débese a un antigo pobo asentado nesta zona no período pre-romano: os tamaganos; eran os habitantes da comarca do Val de Monterrei, por onde discorre este río.

O seu nacemento atópase na Alberguería na Sierra de San Mamede (cerca do lugar chamado Prado), no Concello ou Municipio de Verín. Entre Galicia e Portugal percorre uns cento trinta e cinco quilómetros, e no noso territorio, o galego, baña os municipios de Laza, Castrelo, Verín, Monterrei e Oimbra, pasando por Chaves posteriormente xa no lado portugués, para fundirse co Río Douro en Amarante.

O seu principal afluente é o Río Bubal; desde Verín ata o territorio luso, podemos ademais atoparnos con mananciais termais.

Ao seu paso por Verín conta cun fermoso paseo, así como unha praia fluvial e diversas zonas de baño como a de Tintores, Vilela, Queizás e Pazos.

Outro dato importante é a declaración deste río como Lugar de Importancia Comunitaria (LIC); isto quere dicir nin máis nin menos, que é un ecosistema protexido coa finalidade de garantir a biodiversidade existente en todo o seu hábitat natural, flora e fauna, segundo a Directiva Europea 92/43/CEE.

Vídeo Río Támega

Comparte!!!

Relacionados