Operativo de tráfico do sábado, 4 de maio. Mundial Triatlón de Pontevedra

Mañá, 4 de maio, celébrase a última proba dos campionatos do mundo de tríatlon coa proba do Tríatlon de longa distancia, que terá unha importante afectación ao tráfico na cidade e tamén no resto do concello, e no concello veciño de Barro. A incidencia será, polo tanto, no ámbito urbano e tamén nas N-550 e na PO-224.

Sábado 4 de maio (Tríatlon de longa distancia) mañá e tarde

  • Centro da Cidade:
  • As rúas afectadas estarán pechadas ao tráfico entre as 08:00 e as 20:00 horas. O percorrido pechase unha hora antes do inicio das probas
  • Serán as seguintes: Pai Fernando Olmedo, Pai Gaite, Salustiano Portela Paz, avenida de Bos Aires, Serra, Arcos San Bartolomé, Rúa Pedreira, Praza Pedreira, Don Gonzalo, Sarmiento, Pasantería, Praza Ferrería;, Praza Peregrina, Soportais, Curros Enríquez, Real, Sarmiento, San Xulián, Serra e avenida de Bos Aires, con meta no Estadio da Xuventude.
  • Queda totalmente prohibida a carga e descarga de mercadorías en todo o percorrido así como na súa área de influencia.
  • O mercado de abastos estará aberto permitíndose a mobilidade tanto a pé como en vehículo a motor. E o estacionamento da zona monumental tamén estará operativo.
  • Os aparcadoiros disuasorios estarán operativos agás o Recinto Feiral.
  • A feira trasládase a Campolongo.
  • N-550 e PO-224:
  • O peche será desde as 07.00 até as 16.30 horas. O percorrido pechase unha hora antes do inicio das probas
  • N-550: Afectará dende Médico Ballina até o lugar de Briadorio (Barro)
  • PO-224: Desde Pontillón de Castro ata Bordel.
  • Na N-550 habilitarase, en varios puntos, carrís de circulación co fin de que os veciños teñan a maior mobilidade posible, aínda que, algúns, pola dificultade de habilitar estes carrís, terán que deixar os seus vehículos estacionados en lugares próximos que lles permitirá acceder a distintas vías de conexión coa cidade ou outros destinos.

¬VER / DESCARGAR CIRCUITO PRUEBAS

Comparte!!!

Relacionados