Ourense será a sede da vindeira Asamblea da Red de Ciudades AVE a nivel estatal

Onte tivo lugar en Madrid, na sede do Ministerio de Industria Comercio y Turismo, a I Asamblea Ordinaria da Rede de Cidades AVE 2019, que estivo presidida pola ministra Reyes Maroto e pola secretaria de Estado de Turismo de España, Isabel María Oliver Sagreras, e contou co concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Jorge Pumar, como representante do Concello de Ourense.

Así, no transcurso do encontro, o edil ourensán manifestou o interese do Concello de Ourense de acoller na cidade a vindeira xuntanza deste órgano.“O feito de que Ourense forme parte desta asamblea, e que o vindeiro ano será clave para a chegada do AVE a Galicia, é de xustiza que sexa a cidade das Burgas a que acolla a vindeira asamblea a nivel estatal para capitalizar todo o necesario para preparar á cidade cara a chegada da Alta Velocidade”, sinala Jorge Pumar.

Esta petición contou co respaldo, por unanimidade, de todos os membros asistentes á Asamblea de la Red de Ciudades AVE.

A Red de Ciudades AVE, -que integra capitais coma Sevilla, Málaga, Valencia, Barcelona ou León, entre outras- é o produto turístico resultante da fusión do tren como medio de transporte sustentable, rápido e eficaz por excelencia e o patrimonio das cidades que a forman.

A Asociación ten dous tipos de produtos turísticos: Escapadas en AVE, que engloba viaxe en AVE, hoteis a prezos especiais e actividades de lecer no destino. Unha oportunidade para coñecer e vivir cada cidade.

O segundo produto é Renfe Spain Pass, un servizo de billetes dirixido exclusivamente aos turistas estranxeiros o que supón unha nova forma de viaxar e que, ademais, facilita os desprazamentos podendo coñecer varios destinos da Rede de Cidades AVE nunha mesma escapada. Pódense elixir entre 4, 6, 8 e 10 viaxes e compralos ata con seis meses de antelación. Está dispoñible en dúas categorías, turista e Business, tanto para nenos como para adultos.

Comparte!!!

Relacionados