Pedro Madruga

Pedro Álvarez de Soutomaior era fillo do señor de Soutomaior; cando morreu o seu irmán sen descendencia pasou o título directamente a el. Será un dos señores máis poderosos no seu tempo de toda Galicia.

Mentres se produce o levantamento irmandiño, que deixou destruída media Galicia e derruidas practicamente todas as fortalezas dos nobres galegos. Pedro Madruga fuxira a Portugal casándose alí; organiza un exército e regresa a Galicia enfrontándose aos rebeldes irmandiños, primeiro recupera Pontevedra e despois dirixe os seus pasos a Compostela. Pedro Madruga é xa invencible entre a nobreza galega.

Pero non todo é de cor de rosa e tamén ten problemas con outro nobres por algunhas das decisións que toma, unha da que máis quebradizos de cabeza vaille a dar é a súa decisión da opción de apoiar a Juana A Beltranjea en lugar da Isabel A Católica, que é o mesmo que enfrontarse ao poderoso arcebispo de Fonseca. Implícase persoalmente en diversos proxectos, chegando a planear invadir Castela desde Portugal.

O anteriormente aclamado Señor de Soutomaior, chega un momento que é apresado polo Conde de Benavente, e aproveitan ese tempo que está encarcerado para “roubarlle” todas as súas posesións, que el sempre loitador recuperará máis tarde. O seu fillo Álvaro de Soutomaior será investido pos os Reis Católicos como novo Señor de Soutomaior, cousa que enfada e moitísimo como é lóxico a Pedro Madruga, pero vendo que Isabel e Fernando confirman tal acción encamíñase ao lugar que se atopan eles para ter audiencia e negociar, e é nesta viaxe, exactamente en Alba de Tormes onde falece en estrañas circunstancias.

Do que non hai dúbida, é que Pedro Madruga é unha desas figuras de cabaleiro galego histórica, mítica, cun halo de misterio, encanto e fascinación, a tal punto que ata hai unha teoría que manteñen diversos historiadores consistente en que Pedro Madruga e Cristóbal Colón eran a mesma persoa.

Comparte!!!

Relacionados