Pontevedra acolle o Parlamento de Escritoras-es que reflexionará sobre Identidade e dereitos civís

‣ Mesas redondas, grupos de traballo e un recital literario  artellarán a actividade, promovida pola AELG e o Concello

‣ Terá lugar os días 15 e 16 de marzo en tres escenarios: Pazo  de Mugartegui, Pazo da Cultura e Teatro Principal

‣ O recital que porá o ramo ao Parlamento será o sábado, ás  19.30 horas e nel estarán, entre outros: Manuel Rivas, Xosé María Álvarez Caccamo, Tamara Andrés, Antonio García Teijeiro e Eli Rios

Dúas xornadas, tres escenarios -Pazo de Mugartegui, Pazo da Cultura e Teatro Principal- , un formato novidoso e moi traballado. A concelleira de Cultura, Carme Fouces, e o presidente da Asociación de escritoras e escritores en lingua galega (AELG), Gervasio Sánchez, presentaron hoxe o Parlamento de Escritoras-es en Pontevedra 2019: Identidade e dereitos civís dende a escrita.

O Parlamento de Escritoras-es terá lugar os días 15 e 16 de marzo (os vindeiros venres e sábados). Esta proposta reivindicativa e de reflexión artellarase en mesas redondas e grupos de traballo e rematará, o sábado 16, ás 19.30 horas cun acto literario e musical no que participarán: Xosé María Álvarez Cáccamo, Tamara Andrés, Marica Campo, Berta Dávila, Estíbaliz Espinosa, Antonio García Teijeiro, Antía Otero, Eli Ríos, Manuel Rivas, Xavier Seoane e Rafa Vilar.

Gervasio Sánchez subliñou que este Parlamento busca “parar e reflexionar nun momento de especial gravidade no relativo á vulneración na Galiza e no Estado español de dereitos culturais, sociais, políticos, etc., sobre a vinculación entre a escrita literaria e a defensa dos dereitos civís e identitarios, da xustiza social e da liberdade de expresión nas súas máis diversas formas”.

PROGRAMA

Venres 15 de marzo no Pazo Mugartegui (Praza da Pedreira).

Tarde

– 16:30 Mesa redonda. Liberdades civís e dereitos nacionais.

  • Moderador: Cesáreo Sánchez Iglesias.
  • Relatoras-es: Carme Adán, Laura Mintegi (Euskadi) e Clàudia Pujol (Òmnium Cultural, Catalunya).

– 18:00 Encontro co Alcalde.

– 18:30 Mesa redonda. Violencia institucional, violencia estrutural na

sociedade.

  • Moderadora: Mercedes Queixas.
  • Relatoras-es: Joan Elies Adell Pitarch (director da Institució de les Lletres Catalanes), Ana Luísa Amaral (Portugal) e Suso de Toro.

Sábado 16 de marzo

Mañá

Pazo de Congresos. Aulas.

Grupo de traballo (temas escollidos abaixo). – 10:30 a 12:00. 2 grupos simultáneos, abertos ao público interesado até

cubrir o aforo nas aulas. – 12:00 Café. – 12:30 a 14:00. 2 grupos simultáneos, abertos ao público interesado até

cubrir o aforo nas aulas.

Grupos de traballo:

1) Feminismos. Identidades.

Coordinadora: Marta Dacosta. Relatoras-es: Daniel Asorey, María Reimóndez e Antía Yáñez.

2) Desposesión da terra e da identidade. As migracións de hoxe. A emigración

galega no século XXI.

Coordinador: Xoán Carlos Domínguez Alberte. Relatoras-es: Ana Acuña, Vicente Araguas e Afonso Becerra. Inclúense comunicacións escritas de varias persoas residentes fóra de Galiza, para completar a perspectiva deste grupo de traballo.

3) Lingua e patrimonio cultural. Papel do/a creador/a na sociedade actual e

exercicio de dereitos nacionais.

Coordinador: Antonio Reigosa. Relatoras-es: Pilar García Negro, David Otero e Diana Varela Puñal.

4) Cultura, medios de comunicación e poderes. A literatura e a creación/expresión literaria como ferramenta construtora dunha sociedade libre. Coordinadora: Rosalía Fernández Rial.

Relatoras-es: Manuel Bragado, Camilo Franco e Ana Romaní.

Tarde

Teatro Principal (Rúa Paio Gómez Chariño, 6)

– De 17:00 h. a 19:00 h. Lectura e debate das achegas das mesas anteriores.

Cesáreo Sánchez, Mercedes Queixas, e as/os coordinadoras/es das mesas de traballo da mañá.

– 19:30 h. Acto literario e musical para finalizar.

Xosé María Álvarez Cáccamo, Tamara Andrés, Marica Campo, Berta Dávila, Estíbaliz Espinosa, Antonio García Teijeiro, Antía Otero, Eli Ríos, Manuel Rivas, Xavier Seoane e Rafa Vilar. Conducen: Aldaolado.

Comparte!!!

Relacionados