Premio Poio Móvese 2019

A Concellería de Deportes, dende o Consello Municipal de Deportes, pon en marcha un evento dirixido a premiar o Deporte Local. Para o mesmo terá lugar un acto conmemorativo 15 de febreiro de 2019 no Centro Cultural Xaime Illa de Raxó.

Este acto ten como obxectivo principal recoñecer publicamente o esforzo, a dedicación, a entrega e todos os valores que o Deporte comporta; e para que sirva de espello para incentivar aos máis pequenos e á poboación en xeral na práctica do deporte. Acolléndonos á decisión adoptada polo Consello Municipal de Deportes do 16 de marzo de 2016, será un acto onde se dará visibilidade a outros valores asociados á práctica deportiva como a superación, a educación, a convivencia, o traballo en equipo e a recuperación da tradición no deporte.

+INFO CLICK AQUÍ

Fonte: Concello de Poio

Comparte!!!

Relacionados