A Asociación Veciñal da Banda do Río organiza o sábado 26 de xaneiro a presentación do documental “Vértice de versos”, nun acto que terá lugar ás 20.00 h no Centro Social do Mar.
Ademais da proxección do filme, o acto contará cun recital poético a cargo de Lucía Novas, Míriam Ferradáns e Baldo Ramos, acompañados da guitarra de Emilio Miranda.
Rúa de Montero Ríos, 36930 Bueu, Pontevedra