Preséntanse 40 denuncias por danos ao patrimonio feitos pola industria do eucalipto

As asociacións ADEGA e Mariña Patrimonio presentaron un informe coas últimas 40 denuncias presentadas ante a Xunta por danos en sitios histórico-arqueolóxicos provocados pola industria forestal do eucalipto.

Entre eles, 2 abrigos paleolíticos, 21 mámoas, 14 castros, 1 xacemento medieval e 2 de idade indeterminada, ubicados na comarca da Mariña luguesa. “Coidamos que estas 40 novas denuncias són só unha pequeña mostra, a punta do iceberg do que pode estar a acontecer en moitos montes galegos submetidos á ditadura do eucalipto”, advirten desde as asociacións..

Mariña Patrimonio foi documentando todas as agresións a través das novas tecnoloxías, que proporcionan fotos aéreas que permiten visualizar o impacto das prantacións forestais e do acondicionamento do terreo para o traballo da maquinaria. Segundo estas entidades, “as responsabilidades destas desfeitas distribúense, a partes iguais entre a industria do eucalipto e a Xunta de Galiza”

¬VER / DESCARGAR INFORME

Fonte: Cultura Galega

Comparte!!!

Relacionados