Profetas na súa Terra

Recentemente saíu a noticia de que as dúas imaxes pétreas dos profetas identificados como Elias e Enoc, procedentes da fachada occidental da Catedral de Santiago e que se conservan no Museo de Pontevedra, regresarán temporalmente a Compostela para integrarse no Espazo Divulgativo do Pórtico da Gloria. Parece pois un bo momento para falar algo destas “xoias” medievais que custodiamos na nosa cidade.

Na súa orixe o Pórtico da Gloria era unha estancia aberta e non pechada cara o oeste como podemos observar na actualidade. As primeiras modificacións xorden a partires de 1520 co cegamento dos tres vanos exteriores de acceso, o cal supuxo grandes modificacións na súa fabrica como a desaparición das esculturas que gardaban o acceso a igrexa.

Cara 1520 foron desmontadas do arco central da fachada occidental onde actuaban de xambas e mostrábanse ao visitante coma testemuños do Apocalipse. A factura destas excepcionais esculturas situase sobre 1188 e a súa autoría está vinculada ao taller do mestre Mateo.

Estas efixies caracterizadas como os profetas Enoc e Elias son similares entre si: personaxes anciáns de longa cabeleira; un deles, Elías, acariña a súa longa barba trenzada e estreita, mentres que na de Enoc mostraxe solta e máis ancha. Ambos personaxes portan cartelas abertas, actualmente anepigráficas, aínda que en orixe revelarían a identidade dos seus portadores. Atópanse descalzos e as súas miradas se dirixían ao interior do templo. Cara 1520 foron desmontadas do arco central da fachada occidental onde actuaban de xambas e mostrábanse ao visitante coma testemuños do Apocalipse. A factura destas excepcionais esculturas situase sobre 1188 e a súa autoría está vinculada ao taller do mestre Mateo.

As dúas imaxes graníticas, conservadas no Museo de Pontevedra, foron mercadas aos Condes de Gimonde en 1956. Temos constancia de outras cinco imaxes procedentes do mesmo lugar. Dúas atópanse nas escaleiras de diante da fachada do Obradoiro, namentres que as outras tres pertencen a coleccións privadas.

Conta o dito que “Ninguén é profeta na súa terra”, tras 500 años de ausencia Elias máis Enoc o serán novamente e de forma temporal (ata o 30 de Marzo) na cidade da cal saíron.

Para saber máis:

– VALLE PÉREZ, J. C.: “19. Profetas”, en 75 obras para 75 anos. Catálogo da exposición conmemorativa da fundación do Museo de Pontevedra, Pontevedra, 2003, p.232. (nesta ficha inclúese máis bibliografía).
– www.catedraldesantiago.es

Comparte!!!

Relacionados