Rehabilitación e mellora dos camiños de O Rial e O Outeiro en Lourizán. Pontevedra

Levar os estándares de calidade urbana nas parroquias, e non só nos seus núcleos centrais, é un afán do Concello de Pontevedra. Entre os seus proxectos de execución inmediatos ten o de rehabilitación e asfaltado das vías de O Rial e O Outeiro, na parroquia de Lourizán.

O proxecto entrou no departamento de Contratación e está na recta final da tramitación administrativa. A previsión é que as obras de mellora viaria na que é unha das zonas máis poboadas da parroquia comecen nun mes.

Os traballos de rehabilitación e mellora proxectados supoñen un investimento de 184.809,20 euros (IVE incluído).

Segundo explica o concelleiro de Obras e delegado da parroquia de Lourizán, Demetrio Gómez, por diante hai “uns traballos moi complexos” ao tratarse da execución dunha obra nunha zona “moi densamente poboada e que garda as trazas propias dunha parroquia mariñeira con camiños moi estreitos”. Calzadas de dous metros; 63 tapas de rexistro nun camiño (unha cada 15 metros) ou terreos que non se poden fresar porque teñen pedra debaixo son algunhas das dificultades que terán que superar a obra prevista.

Comparte!!!

Relacionados