Respaldo Unánime Do Parlamento De Galicia Para Incorporar O Calixtino Ao Rexistro Da Unesco

(Publicado 18 de marzo, 2016)

A Unesco dispón dun rexistro que leva por nome Memoria do Mundo. O propósito desta lista é compilar os arquivos históricos, gravacións e obras documentais de especial interese para a humanidade, como o prego orixinal da Declaración dos Dereitos do Home de 1789, aprobada en Francia tras a toma da Bastilla, ou oTratado de Tordesillas de 1494, mediante o cal España e Portugal se repartiron o mundo.

Galicia non está, pero o Parlamento galego avala que se emende a falta, pois onte aprobou por unanimidade unha iniciativa instando á Xunta «a propiciar contactos» a todos os niveis para que a Unesco incorpore o Códice Calixtino.

E é que se hai algún documento que contribuíse a situar a Galicia no centro, senón do mundo, si polo menos da cristiandade, sen dúbida é o citado manuscrito do século XII que narra a translación do apóstolo Santiago e o descubrimento da súa tumba, á parte de ser a primeira guía de viaxe xacobea.

Fonte: http://www.xacobeo.es/

Comparte!!!

Relacionados