Reurbanización na rehabilitación da zona traseira do Campiño de Santa María. Pontevedra

O Concello completará a rehabilitación do espazo da traseira do Campiño de Santa María coa reurbanización das rúas San Martiño e e do tramo pendente de Eirado de Alvar Páez (no entronque con San Martiño). As obras correrán a cargo dos fondos ARI (Área de Rehabilitación Integral) concedidos para o centro histórico da cidade.

A concelleira de Urbanismo e responsable do Centro Histórico, Anabel Gulías, informou da proposta de obras e dotación dos estándares de calidade urbana para esta zona, un proxecto conxunto valorado en 126.050,42 euros (sen IVE) e que terá un prazo máximo de execución de 5 meses. Gulías sinalou que o prego de condicións para a contratación da obra valorará como positiva a redución do tempo de remata da intervención.

A intervención prevista no tramo final e entronque do Eirado Alvar Páez e San Martiño “seguirá a estética da primeira fase: chapacuña nos laterais da rúa e a pedra habitual da zona vella no espazo central”, sinalou a concelleira. Polo que respecta a rúa San Martiño, a intervención inclúe ademais do pavimentado en pedra, a renovación dos servizos e da iluminación.

Non hai mucho fíxose na zona, unha pequena actuación na Enfesta de San Telmo co fin de garantir a accesibilidade nunha vivenda. E coa rehabilitación feita, nos dous últimos anos, no 1o tramo do Eirado de Alvar Páez e nas rúas Tristán de Montenegro e Pratería Vella e as obras en carteira quedará completada a renovación da contorna traseira do Campiño.

Comparte!!!

Relacionados