Roi Xordo (O Primeiro Bandoleiro; O Robin Hood Galego)

Un dominio de terror estendíase a mediados do s.XV por terras dos Andrade, chegando ao seu cúlmen cando o título recaeu en Nuño Freire, novo señor desas terras. Os seus vasallos eran continuamente maltratados, asasinados, saqueados na máis absoluta impugnidad, tal era a crueldade que a este último señor feudal puxéronlle o mote de “O Mao”(O Malo).

Esta situación era especialmente dura na zona de Ferrol, alí as torturas e as execucións eran o pan noso de cada día. Ante tanta inxustiza xurdiu un personaxe coñecido como Roi Xordo, que segundo parece pertencía á hidalguía da zona, e este pseudo “super-héroe” intentou pór un pouco de xustiza e orde antes tantos abusos, producíndose así o chamado levantamento popular, aglutinado ao redor de Xordo, da Irmandade Fusquenlla.

Foi en 1431, e diríxense cara á fortaleza na que se resgardou “O Mao” en Moeche; este último asustado e desbordado pola situación márchase a Compostela buscando a protección do arcebispo. É nada máis nin nada menos que a Primeira Revolta Irmandiña, entre os señores e vasallos de, como dixemos anteriormente, de Ferrol, Pontedeume, Mondoñedo, Lugo e Villalba.

O arcebispo tamén se verá desbordado pola situación e intenta negociar en Betanzos; pero o exército irmandiño non se achanta e decide marchar sobre Compostela, isto só será un ensaio do final da primeira revolta irmandiña.

Os soldados de Compostela son profesionais e rompen o asedio do exército dos vasallos, estes se reagrupan a posteriori con intención de atacar a “O Mao”, que se atopa na súa fortaleza de Ponferrada. Alí protexeuse con soldados profesionais e aínda por riba, desde Compostela o arcebispo enviou máis tropas igualmente profesionais, e aí sí, aí terminouse a primeira revolta irmandiña, unha revolta en contra da tiranía dos señores feudais.

Comparte!!!

Relacionados