Foto©Porgaliciabaixo
Resume:
En vista dos estudos realizados pódense formular con toda seguridade as concrusións siguentes:
1ºQue entre Baños de Bande e Santa Comba fronte o Pobo de Porto Quintela, existen na veira directa do Río Limia vestigios abundantísimos d’unha cibdade romano ou celto – romana, cuia manitude non podemos determiñar con esatitude para qu’a xuzgar pol-os ditos da xente do país e pol a gran extensión en que s’encontraron restos de muros, tellas e anacos de cerámica ten que ser considerable.
2ºQu’a dita cibdade debe ser importante por reunir en si as circunstancias de ter un establecimiento termal coñecido na época romana é por ser lugar d’empalme de duas vías que travesaban países ricos en moi pobreados.
3ºQue como señales vivas da sua importancia quedan as lápidas, máis numerosas alí qu’en ningún outro lado da provincia, a ara y –as columnas de Santa Comba que deberán pertenecerlle, y – a muralla por nós descuberta que tivo necesariamente que firmar parte d’un edificio grande e de coidada arquitectura
4ªC’as ruinas en cuestión son as da cibdade d’Aquis Querquenis situada nos país dos Querquenos y – onde os romanos estabreceron a cuarta mansión de vía número XVIII del Itinerario de Antonino.
Final:
Temos pol-o tanto conseguido o propósito qu’anunciábamos o principiar este artículo. Siñalar d’unha maneira certa o lugar d’un yacimiento histórico.
Alá quedan veira do vello Lethes, e Baixo os carballos dos touzos, y – as caspazos de monte, as venerables pedras d’antiga vila romana. Nós apartámonos d’ilas con door e sintindo non ter as artes máxicas de Merlín o feiticeiro celta para facer surxir da terra a cibdade morta y – atuada e obrigala a vivir un instante diante dos nosos ollos, coa maxestade dos seus tempos y – a forza das suas murallas, Baixo iste sol dourado d’outono que tanto sabe de cousas vellas qu’il ahumean e que cicais rí dos esforzos dos homes sempre afaenados en construir e desfacer.
FLORENTINO L. CUEVILLAS