Miles de historias e lendas rodean este impresionante lugar, pero de entre todas elas sorprendeunos este relato de claras reminiscencias clásicas:
O deus Júpiter, viuse prendado da fermosura da terra galega, e para posuíla, atravesouna cun río, o Miño.
Pero a súa esposa, a deusa Juno, non estaba polo labor de compartir o seu amor cunha estraña, polo que pensou que, si na face daquela fermosa terra abría unha gran ferida, Júpiter terminaría por repudiala.
Unha ferida que nalgúns lugares case alcanza os 300 m. de desnivel na vertical e que hoxe son os marabillosos “Canóns do Sil”.