Sanxenxo sumarase á hora do planeta

Sanxenxo sumarase o vindeiro sábado 30 de marzo, de 20.30 h. a 21.30 h, á hora do planeta 2019.

Esta acción lévase a cabo para demostrar que somos parte da solución ao cambio climático e á perda da natureza.

Así pois, durante esa hora, permanecerán apagadas as luces do Paseo de Silgar, Rúa Madrid, Porto Deportivo, Vicaño, Paseo de Baltar e Rafael Picó.

“A Hora do Planeta” contou nas súas últimas edicións coa participación de miles de cidades de 187 países do mundo, que apagaron máis de 12.000 monumentos e edificios emblemáticos, unindo por centos de millóns de persoas de todo o mundo, empresas, concellos e institucións para, entre todos, “cambiar o cambio climático”. Este ano WWF, pretende volver superar estas cifras e demostrar que todos podemos facer moito para frear o cambio climático e protexer o planeta.

Comparte!!!

Relacionados