O Concello completará a rehabilitación do espazo da traseira do Campiño de Santa María coa reurbanización das rúas San Martiño e e do tramo pendente de Eirado de Alvar Páez (no entronque con San Martiño). As obras correrán a cargo dos fondos ARI (Área de Rehabilitación Integral) concedidos para o centro histórico da cidade. A concelleira de Urbanismo e responsable do Centro Histórico, Anabel Gulías, informou da proposta de obras e dotación dos estándares de calidade urbana para esta zona, un proxecto conxunto valorado en 126.050,42 euros (sen IVE) e…
Ver+Categoría: 1 Destacados Miscelánea
Seis rúas rexistrarán tráfico nocturno de vehículos pesados desde o luns. Ourense
Con motivo da execución das obras de acceso do tren de alta velocidade á cidade de Ourense, a partires do próximo luns, día 6 de maio, e durante un período aproximado dun mes, rexistrarase tráfico nocturno de vehículos pesados no ámbito das rúas Avenida de Zamora, Nosa Señora da Saínza, Ramón Puga Noguerol, Cruceiro Quebrado, Portalón do Casar e Xosé Cornide, con destino ás praias das vías de ferrocarril da estación de San Francisco.
Ver+Proxecto de iluminación para as pontes sobre o Lérez con un orzamento de máis de 363.000 euros. Pontevedra
O Concello de Pontevedra acordou imputar o proxecto de iluminación das pontes sobre o Lérez a un convenio coa Deputación provincial, que foi aprobado esta mañá na Xunta de Goberno da institución. O proxecto ten un custe de 363.681,86 euros e incluirá as pontes das Correntes, Tirantes e a pasarela peonil da Illa do Cobo. Esta intervención xa fora adxudicada polo Concello o pasado mes de xullo á empresa Copcisa por 351.554 euros (case 100.000 euros máis que a licitación), que no momento da sinatura do contrato, informou aos técnicos…
Ver+Aprobadas as bases para axudas escolares no curso 2019/20. Ourense
A xunta de goberno local celebrada esta mañá no Concello de Ourense abordou 12 asuntos achegados por diferentes concellerías e servizos municipais. Entre eles, aprobáronse as bases reguladoras para a concesión de axudas, en especie, para a adquisición de libros de texto e de material escolar, así como para comedores escolares, durante o curso 2019-2020. Este programa da Concellería de Asuntos Sociais contará cun orzamento de 243.348 euros. O gasto para libros de texto e material escolar, será de ata un importe máximo de 20.000 €. Para as axudas a comedores…
Ver+Limpeza xeral en Germán Adrio Sobrido. Pontevedra
A Concellaría de Servizos continúa coas limpezas xerais. Nesta ocasión será na rúa Germán Adrio Sobrido, en ambas marxes. Como vén sendo habitual, a limpeza farase na madrugada do xoves. A zona de estacionamento estará valada dende a tarde do mércores prohibindo o aparcamento nas horas anteriores aos traballos. Os vehículos que permanezan estacionados serán retirados polo guindastre municipal. A limpeza farase con máquinas de varrer e limpadoras de auga a presión tanto na beirarrúa como na beiravía e na calzada, polo que a Concellaría solicita a colaboración de todos…
Ver+Operativo de tráfico do martes, 30 de abril. Mundial Triatlón. Pontevedra
Martes 30 de abril . Tríatlon Cross Áfectará: Á zona do río na fase de natación. A carreira a pé será pola avenida Bos Aires, entre ponte dos Tirantes e ponte das Palabras A proba de bicicleta afectará especialmente ás parroquias de Lérez e Verducido. O paso da Illa do Cobo cara ao Pontillón de Castro obriga ao corte da estrada PO-223 á altura do cruzamento no lugar do Outeiro (Lérez). O corte da PO-223, entre as 12:30 e 19:30 obrigará aos veciños e usuarios da vía (A Piolla, Couso,…
Ver+Bueu levará o asunto do cupo de Ons ao pleno
O goberno local convocou unha nova reunión coa veciñanza, que terá lugar o 3 de maio ás 18.30 h no Centro Social do Mar A problemática sobre o cupo de Ons e a necesidade de que del quede excluída a veciñanza será un dos asuntos a tratar na próxima sesión plenaria do 6 de maio, última da presente corporación. Así se acordou este luns na xuntanza mantida entre o goberno local bueués e os veciños e veciñas da Illa, na que mostraron a súa unidade para reivindicar “o noso acceso…
Ver+Restricións do tráfico nos Mundiais de Triatlón. Pontevedra
Na semana do 27 de abril ao 4 de maio, Pontevedra acolle un dos eventos deportivos mais importantes de Galiza: os campionatos do mundo de tríatlon. A celebración deste campionato levará implícito importantes restricións de tráfico, non só na cidade, senón tamén na zona norte do municipio, especialmente na N-550 e PO-224 (en Verducido e Xeve). As grandes probas deportivas, pola súa extensión e afección á mobilidade a motor, celebraranse os dous sábados (27 de abril e 4 de maio), co fin de minimizar os efectos que tería nun día…
Ver+Ultimando os traballos de asfaltado das pista do rural. Sanxenxo
O goberno destinou 444.642€ do orzamento de 2019 a distintas actuacións no rural. En concreto, invístense 361.175€ no asfaltado de 10 pistas e 7 dotacións de saneamento e auga. Outros 83.467€ destínanse á colocación de 81 novos puntos de iluminación pública no rural. Nestes momentos están a acometerse traballos de mellora do viario que vai de Pontes a Soutullo, nunha pista en O Freixo e outra en Gondar. Ademais, unha en Lagarei e outra en O Castro – Vilalonga. A parte destes 444.642€, desde xuño de 2017, o goberno destinou…
Ver+Rehabilitación e mellora dos camiños de O Rial e O Outeiro en Lourizán. Pontevedra
Levar os estándares de calidade urbana nas parroquias, e non só nos seus núcleos centrais, é un afán do Concello de Pontevedra. Entre os seus proxectos de execución inmediatos ten o de rehabilitación e asfaltado das vías de O Rial e O Outeiro, na parroquia de Lourizán. O proxecto entrou no departamento de Contratación e está na recta final da tramitación administrativa. A previsión é que as obras de mellora viaria na que é unha das zonas máis poboadas da parroquia comecen nun mes. Os traballos de rehabilitación e mellora…
Ver+As carreiras do Mundial de Tríatlon cortan parte do centro histórico dous sábados. Pontevedra
Nestes días está distribuíndose información de afeccións ao tráfico motorizado polos lugares do centro urbano nos que decorrerán as distintas carreiras do mundial Multisport que terán lugar a partires do día 27. En concreto, as que afectan a varias rúas do centro histórico, que quedarán inhabilitadas para ir en coche ou moto. Se ben o percorrido das carreiras é distinto no interior do Centro Histórico, as afeccións viarias serán moi semellantes. Só dous días veranse algunhas rúas cortadas: os sábados 27 de abril (mañá e tarde) e 4 de maio…
Ver+