O Valle Inclán Pontevedrés

Escultura de Valle-Inclán en Pontevedra (Imaxe: Mateo Fontán Couto) A escultura de Valle-Inclán sita na Praza de Méndez Núñez goza de moita atracción entre os visitantes da nosa cidade. É común atoparse a alguén fotografándose con ela; do mesmo xeito, a estatua posúe sona entre os pontevedreses e, ás veces, engalánase para as festas ou «vístese» con motivo artístico, publicitario ou reivindicativo. Lamentablemente, o monumento a este xenio das letras tamén foi vítima de agresións en varias ocasións, pois é sabido que de todo hai na viña do Señor. A…

Ver+

Tres Curiosidades Na Fachada De Santa María

Foto: San Xerome. Imaxe: http://megaconstrucciones.net/ Sobre a fermosura da basílica de Santa María de Pontevedra tense escrito moito –aínda que diría que nunca dabondo– e máis en concreto acerca da impresionante fachada principal, verdadeiro retablo pétreo de sabor renacentista e formas similares ao Hospital Real de Santiago, primeiro edificio deste estilo realizado en Galicia. Moitos foron os autores e intelectuais que louvaron o belido desta obra encargada polo poderoso Gremio de Mareantes aos artistas Cornellis de Holanda e Joan Noble. Begoña Fernández fala dunha terceira man na execución, a dun «Mestre…

Ver+

Crónica dun Partido de Lenda: Pontevedra 1- 0 Atlético de Madrid

Os xornais da época fixéronse eco da xesta do Pontevedra C. F. Coa efeméride do 75 aniversario da fundación do club, no coñecido como «Pacto das Palmeiras», queremos recordar un dos partidos de entre os moitos que se poderían escoller na historia do Pontevedra C. F. Corría o ano 1965 e o conxunto granate non destacaba por ter un gran cadro de persoal nin por posuír un orzamento millonario coma outros equipos. Sen embargo, nesa tempada sería capaz de poñerse líder en dúas ocasións; a primeira foi na sexta xornada…

Ver+

Obra de Ramón Conde en Pontevedra

Obra: “Fiel Contraste” // Foto: Porgaliciabaixo Nado na cidade de Ourense o 18 de decembro de 1951, Ramón Conde é un referente da escultura contemporánea española; dono dunha linguaxe propia e atrainte que fala dende a plena expresión artística baixo un tratamento coidado e “científico”. Estudante de Filosofía e Letras en Santiago de Compostela –non rematou a carreira aínda que nutriuse de moitas experiencias e consolidou un sistema de coñecemento autodidacta–, a súa obra e primeiras exposicións se verían influídas pola psicanálise. A obra de Ramón Conde será, polo tanto,…

Ver+

A Recuperación do “Auto de la Quinta Angustia”

  Alá pola década dos sesenta do pasado século a Semana Santa de Pontevedra contaba, dentro da súa programación, coa representación por parte dos alumnos dos Institutos do Auto de la Quinta Angustia, obra de Joan de Timoneda. Este autor nacera en Valencia entre 1518 e 1520, ademais da súa faceta de escritor e dramaturgo foi un destacado editor. Ata o ano 1547 foi zurrador de peles, ese mesmo ano monta unha librería, tempo máis tarde ampliaría o negocio a unha editorial. Das súas edicións sobresaen a divulgación das obras de…

Ver+

Escalos do Lérez

Escalo (Imaxe: http://www.rios-galegos.com/pe10.htm#Características) No transcurso do río Lérez descubrimos numerosas especies animais conformando un mundo paralelo ao noso. Temos a ra verde; o mexillón de río; as troitas, das cales as migratorias denomínanse reos; as saborosas lampreas; o salmón remontando as augas para a súa reprodución; a cobra de auga de aspecto semellante á velenosa víbora pero coa pupila redonda; o escorpión de auga, etc. Pero sen dúbida o peixe máis abundante de ver no senlleiro río da cidade é o escalo. Tamén coñecido como cacho, cachizo ou xardo o seu…

Ver+

Aquela «Nao» Que Saía Polo Corpus…

Grabado de Osterberger representando a visita dos Duques Durante moito tempo Pontevedra foi unha cidade de Corpus, xa que esta celebración relixiosa era  unha das máis características e de maior relevancia na cidade. Frei Martín Sarmiento deixou escrito que a súa primeira lembranza foi a dos xigantes que saían nesta procesión; o Pai Amoedo no seu «Carmem Patrium sive Pontevedra» rememora, nostálxico dende o exilio, o festexo na cidade do Lérez. Co tempo, esta celebración foi obxecto de comentario e estudo por escritores e investigadores tales coma Xoán Manuel Pintos,…

Ver+

A Figura Da «Fama» Na Praza Do Peirao

Debuxo conxectural de Alcoverro no que vemos a Fama coroando a fonte da Ferrería (Imaxe http://pontevedracuriosa.blogspot.com.es/2015/03/la-puerta-de-trabancas-y-la-herreria.html) Pontevedra posúe fermosas fontes que engalanan a cidade e falan do seu devir histórico e artístico. Sen dúbida, a máis famosa delas é a da Ferrería sita na veciña praza de Ourense. Esta é a fonte que «da de beber a quen pasa» tal e como reza a copla. Trátase dun manancial renacentista a imitación dos chafarís portugueses e cuxa historia está chea de avatares. Foi erguida no século XVI, restaurada no XVIII, derrubada no…

Ver+

Descubrindo A Filgueira

Filguiera Valverde nun debuxo de Antón Pulido Moito se leva falado dende a elección, por parte da Academia, de adicar o Día das Letras Galegas deste ano á figura do pontevedrés Xosé Filgueira Valverde. Moito se escribiu sobre as luces e as sombras dun personaxe extraordinario que xera polémica arredor da súa traxectoria vital, salvo nunha cousa onde todo o mundo parece estar de pleno acordo: a súa condición de sabio –a palabra máis empregada é a de polígrafo–, pola cal nada relacionado con Galicia le era alleo. Unha dedicación…

Ver+

A Maior Concentración De Ouro Prehistórico En Europa

Tesouro de Caldas I (Imaxe: / www.museo.depo.es ) Caldas de Reis é terra onde «nace» ouro, xa que dela proveñen dous tesouros –falando en termos arqueolóxicos teríamos que dicir depósitos– que hoxe en día podemos contemplar nas salas adicadas ás coleccións arqueolóxicas do Museo Provincial de Pontevedra. Son os tesouros de Caldas I e Caldas II; este último, formado por cincuenta e tres pequenas láminas de ouro enroscadas procedentes dunha diadema e un aplique cónico, encadrados na Idade do Bronce. Sen embargo, a «fama» maior pertence ao magnífico depósito de…

Ver+

Ahí ven o Maio…

Foto: Maios no Concurso de 2012 (Imaxe: Mateo F. C.) A festa dos maios posúe un forte vínculo cos pobos de tradición agraria, onde a natureza e os seus ciclos determinan en boa parte as condicións de vida, os pesares e as celebracións. Desde moi antigo o home prestou atención a cando a natureza rexurde, coa chegada do bo tempo e o estoupar das flores. Así, o ciclo do maio recorda o espertar da natureza, pero tamén alude ao sentimento do amor, aguilloado por estas datas, e á protección de…

Ver+