Concerto das Letras Galegas. Liceo de Ourense

O Liceo de Ourense vai a celebrar o Día das Letras Galegas o vindeiro xoves as oito da tarde con un Concerto de Emilio Rúa e Rosa Cedrón, unha proposta conxunta que mestura cancións propias con cancións populares galegas, un concerto acústico dende o principio ata o fín.  O Concerto está patrocinado pola Dirección Xeral de Política Lingüistica da Xunta de Galicia.

Ver+

Actividades do Concello de Ourense no Día das Letras Galegas

O Concello de Ourense súmase á celebración do Día das Letras 2019 cun programa de actividades especificamente dirixidas a cativada e outras para persoas de todas as idades que se desenvolverán durante a  semana. O venres, 17 de maio, a Sala Valente acollerá ás 11.30 horas un concerto didáctico a cargo do Capitán Garfo: “Cociñando música”. Ás 12.30h, no mesmo espazo desenvolverase o acto institucional co concerto “Cantos de terra e sal”, de Carmen Penim e Banda. Xa pola tarde, ás 7, a festa sairá á rúas cun desfile da…

Ver+

Quentando motores para o Día das Letras Galegas dentro do Maio Mes da Lingua. Pontevedra

A programación de Maio Mes da Lingua quenta motores cara a celebración do Día das Letras Galega, adicado neste ocasión á vida e obra de Antonio Fraguas. Serán tres días de actividades -dende mañá martes ao xoves- que inclúen unha conferencia, un programa de radio, cinema, unha sesión lectora e mesmo unha carreira, iniciativas todas elas co obxectivo de normalizar o uso da lingua na infancia e mocidade e na xente en xeral. Maio Mes da Lingua é un proxecto da Concellería de Normalización Lingüística , dirixida por Alberto Oubiña,…

Ver+

No 17 de maio os libros galegos saen a rúa. Pontevedra

Dez librarías da cidade instalarán postos nos Soportais da Ferrería o Día das Letras Galegas co fin de visibilizar e achegar á xente a oferta editorial galega e en galego, unha oferta ampla, variada e de calidade. Os libros galegos saen a rúa é unha iniciativa da Concellería de Festas enmarcada na programación do Maio Mes da Lingua, proxecto liderado pola Concellería de Normalización Lingüística. Na cita participan as seguintes librarías da cidade: Aviones de Papel, Clip, D-lectum, El Pueblo, Escolma, Espazo Lector Nobel, La Nube de Papel, Luna Nueva,…

Ver+

V Xornadas das Alfombras Florais. Bueu

A pouco máis dun mes para a celebración da festividade do Corpus (este ano será o 23 de xuño), dende a Asociación das Alfombras de Bueu, en colaboración co Concello de Bueu e outras entidades, presentan as V Xornadas das Alfombras Florais, que inclúe exposición fotográfica, diversas conferencias e gala de homenaxe a alfombristas. Así o anunciaron na rolda de prensa deste mércores na que estiveron presentes Xosé Leal, concelleiro e deputado de cultura, e Carmen Santos, presidenta da Asociación. O programa, que se estende ata finais de mes, arranca…

Ver+

Programación das Letras Galegas no Concello de Bueu

O Concello de Bueu quere dar un paso adiante na organización de actividades que leven a cultura ao rural, e por iso este ano serán protagonistas os lugares de Sanamedio, Cela e Meiro, onde están programados diversos actos conmemorativos das Letras Galegas, cando se homenaxea a Antón Fraguas. Durante a rolda de prensa celebrada este mércores, Xosé Leal, concelleiro de cultura destacou que “é importante a convivencia entre as diversas xeracións”. No acto estiveron presentes integrantes de todos os colectivos implicados, como a Asociación Cultural de Sanamedio, a Asociación Cultural…

Ver+

Premios do Concurso de Maios e Coplas. Ourense

Maio Artístico: Finalistas. “A Foliada no Torreiro”, “Homenaxe a Xaime Quesada” e “Pozo Artesán con péndulo”. Gañador: “Homenaxe a Xaime Quesada” (número 5)   Maio Enxebre: Finalistas: “Pía da Casca” e “A Galleira”. Gañador: “A Galleira” (12)   Maio Creativo: “Doce Primaveira” (32)   Maio Infantil: Escola Waldorf Meniñeiros (27)   Concurso de Coplas.   Infantil: “O xardín da alegría e da Poesía” (26)   Adultos: Finalistas: “Homenaxe a Xaime Quesada” (5), “A Galleira” (12) e “Maio ínfimo” (13) Gañador: “Maio ínfimo” (13)

Ver+

Premios do concurso dos Maios. Pontevedra

O xurado do concurso dos Maios resolveu o seguintes: Premios ao maio tradicional 1o Premio …………………………… CEP Marcos da Portela 2o Premio ………………………….. A.C.D Campañó 3o Premio ………………………….. A.C.D Marcón 4o Premio ………………… ……….. CEP Campolongo Premios ás cantigas 1o Premio ………………….. …………. CEIP Froebel 2o Premio ………………………………… CEP Marcos da Portela 3o Premio …………………………………. CEP Campolongo 4o Premio …………………….. ……… A.C.D Campañó Premios á interpretación 1o Premio …………………………… CEP Marcos da Portela 2o Premio ………………….. ……. CEIP Froebel 3o Premio …………………………. A.C.D Campañó 4o Premio ………………… …….. A.C.D Marcón…

Ver+

II Edición do Sanxenxo Fala e Concurso de Maios

A segunda edición de Sanxenxo Fala chegou  novamente da man do Círculo Cultural e Deportivo de Sanxenxo  co tradicional “ Concurso de Maios”, que este ano contou coa participación de: CEIP  FLORIDA, Asociación cultural MAR DE FONDO, que participa con dous grupos: infantil e adultos.  Repartíronse 500€ en premios: 1º premio  (250€): 2º premio (150€): 3ª premio   (100€):   O programa Sanxenxo Fala xurde para promover o uso da lingua e cultura  galega, dando visibilidade a todas as actividades que se levan a cabo neste senso no concello “é moi…

Ver+

Nova edición de Maio Mes da Lingua. Pontevedra

Corenta actividades programadas -máis dun cento se contamos as da programación escolar, xa pechadas- e máis de 2.000 nenos e nenas, mozos e mozas en 30 días. Son datos que falan de importancia e alcance de Maio Mes da Lingua, proxecto da Concellería de Normalización Lingüística que promove o uso e a valorización da lingua dun xeito lúdico e formativo. O concelleiro de Normalización Lingüística, Alberto Oubiña, presentou hoxe a programación da nova edición de Maio Mes da Lingua que chega con máis actividades e máis asociacións, colectivos e entidades…

Ver+