Todo listo para os Maios. (Bases) Pontevedra

Sete maios subirán ao escenario da praza da Ferrería o vindeiro mércores 1 de Maio. A profesora Vitoria Ogando será a encargada de dar a benvida ao Maio no certame que comezará ás 11.00 horas. Os participantes competirán en catro modalidades: Maio tradicional, cantigas, interpretación e mellor coroa. Haberá catro premios por categoría ademais dun premio Entre os participantes hai cinco colexios e dúas asociacións culturais. Son os seguintes: Maio do CEIP Froebel Maio do CEP Marcos da Portela Maio do CEP Campolongo Maio do CEIP Praza de Barcelos Maio…

Ver+

Xornadas ao redor do coiro en Allariz

Entre os días 3 e 6 de maio desenvolveranse en Allariz unha nova edición das Xornadas dos Oficios do Coiro. Un encontro que reúne a profesionais, estudantes e afeccionados, que fai posible xuntar as diferentes disciplinas no oficio. No marco da sétima edición realizaranse actividades como obradoiros, demostracións, exposicións e charlas que terán lugar en diferentes espazos da vila. O 3 de maio, ás 20’30h na sala “A Paneira” inaugúrase a exposición “Cada un ve o que sabe” de Juan García Olmedo (Córdoba), unha colección de pezas tridimensionais realizadas coa técnica de “ cuir bouilli”…

Ver+

Un gran mural con 22 nomes de mulleres. O “mapa violeta” de Pontevedra

“22 nomes de muller, unha vintena de actividades, oficios e colectivos (mariscadoras, palilleiras, tendeiras, labregas, peixeiras, etc) cunha mirada de xénero pero tamén de clase… cinco séculos de historia da cidade” definen o gran mural proxectado nun edificio de veciños, situado entre as rúas Joaquín Costa e Poza dos Canos, preto do parque Amalia Ma Álvarez. O concelleiro de Patrimonio Histórico, Luís Bará, presentou hoxe a nova proposta do programa municipal “A memoria das mulleres” que traballa dende hai cinco anos para coñecer e recoñecer a historia das mulleres de…

Ver+

Semana Santa 2019. Visitas ao Museo de Pontevedra

Durante esta Semana Santa o Gabinete Didáctico vai realizar un programa de visitas guiadas pola colección do Museo para aquelas persoas que desexen facer unha primeira aproximación ás obras máis representativas expostas nos edificios Sexto e Sarmiento. Ademais de percorrer algúns dos fitos da arte galega, a visita incluirá a pequena mostra dedicada a El Greco que de forma temporal se expón no Museo, tendo como protagonista o cadro Retrato dun médico, depositado polo Museo del Prado. Do domingo 14 ao domingo 21 de abril (luns pechado) De martes a sábado: 12 h e 18…

Ver+

Obras seleccionadas dos concursos de carteis e fotografía da Festa da Troita. Ponte Caldelas

En Ponte Caldelas a 01 de abril de 2019 e de conformidade coas bases que rexen o concurso de selección do cartel oficial e de fotografías da LIII Festa da Troita se realiza o cómputo dos votos presentados e procédese á apertura dos sobres cos datos persoais dos participantes e a comprobación do cumprimento dos requisitos establecidos nas bases. Proclamándose como gañadores dos concursos convocados os seguintes: XVIII Concurso de Carteis: – C17: Verdugo Duende. Dª Maria del Carmen Guzmán Araujo. XVIII Concurso de Fotografía: – 1º premio: f 39.…

Ver+

Intensa actividade lúdica – cultural no Concello do Carballiño para a Semana Santa

A Semana Santa carballiñesa, ademáis das procesións e celebracións relixiosas que organiza a Cofradía da Veracruz, contará cun amplo e variado programa de cultura e deportes, que foi presentado esta mañá polos concelleiros de Cultura e Deportes, Diego Fernández e Manuel Dacal, respectivamente. Arredor dunha trintena de actividades desenvolveranse ao longo da próxima semana no Carballiño co obxectivo de atraer ao turismo e ofrecer aos carballiñeses e visitantes unha variada gama de alternativas de entretemento. No eido deportivo destacan tres grandes eventos, como son a recuperación da Subida á Saleta,…

Ver+

Dúas Exposicións para as ‘Xornadas Bueu Gozosos anos 30’

O espírito da cultura que converteu a vila de Bueu nun fervedoiro artístico nos anos 30 lémbrase durante este mes de abril cunha serie de actividades nas que a arte e a cultura serán protagonistas. Eses “gozosos anos 30” poderán verse nunha exposición, “A luz antes da noite” que se inaugura este xoves, 11 de abril, ás 19.30 h no 2º andar da Praza de Abastos e que estará aberta ao público ata o 21. Nesta mostra atoparanse materiais de diversos persoeiros que coincidiron nunha época dourada que despois truncou…

Ver+

Encontro das persoas que fixeron posible a mostra ‘Poesía Visual’. Celanova

A Casa dos Poetas acolleu un encontro entre varios dos participantes do obradoiro de poesía visual impartido polo gravador Xosé Poldras durante o mes de febreiro na Casa dos Poetas e representantes da Fundación Curros Enríquez. O resultados son 20 composicións que se complementaron con textos dos poetas Manuel Curros Enríquez e Celso Emilio Ferreiro e que ainda se poden ver ata finais do  mes de maio na sede da Fundación Curros Enríquez de martes a sábado de 10:30-14:00 e de 16:00-18:00 situada na rúa Curros Enríquez número 37. Tras…

Ver+

Mellora dos accesos ao Centro de Interpretación da Auga. Pontevedra

O Concello acondicionará o acceso e a parcela na que se sitúa o Centro de Interpretación da Auga nas instalacións do depósito regulador de abastecemento de Pontevedra, situado no Cimbelo, parroquia de Lérez. Esta inversión terá un custe de 280.097,65 euros e farase con cargo ás melloras do novo contrato do ciclo da auga que desenvolve a empresa Viaqua. Na actualidade este centro de interpretación dispón de moi difícil acceso dende a estrada ao Castelo, na parroquia de Lérez. A intención é melloralo ampliándoo, creando ramplas e tamén escaleiras en…

Ver+