O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores recibiu esta mañá ao reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa no marco dunha visita institucional e de traballo que o responsable da institución académica realizou ao Concello. Á reunión tamén se sumaron a concelleira de Universidade, Gloria Blanco, e do vicerreitor, Jorge Soto. No encontro abordaron diversos temas relativos ao campus universitario e á cidade como a necesidade de novos espazos ante a intención do Reitorado de solicitar novos graos para o campus local. De aí que analizasen as posibilidades edificatorias…
Ver+Categoría: Cursos – Obradoiros
20 de maio Celebración do Día Mundial da Abella. Festival Internacional de Xardíns de Allariz
O vindeiro 20 de maio a Escola Galega de Apicultura celebrará o Día da Abella no Festival Internacional de Xardíns de Allariz, cunha actividade que terá lugar nos arredores da Casa dos Polinizadores, un gran “hotel” de insectos ubicado nos xardíns para ofrecer aloxamento a multitude de abellas e polinizadores de diferentes tipos. Alí ofreceranse obradoiros para escolares e público infantil, para que os nenos e nenas aprendan a importancia das abellas no medio ambiente e os múltiples beneficios que nos aportan. As Nacións Unidas declararon o Día Mundial da…
Ver+Celebración do Días das Letras Galegas cos escolares en Ourense
A Concellería de Educación do Concello de Ourense celebrou esta mañá o Día das Letras con escolares dos centros educativos na Praza de San Martiño coa representación do espectáculo homenaxe a Antón Fraguas “Os romeiros do caracol”, de Fantoches Baj, e a entrega de premios do VII Certame de Microrrelato online. O certame, que ten como obxectivo fomentar o uso do galego a través da capacidade creativa dos escolares, tivo este ano tivo por tema “As Mulleres en Galicia”, e contou coa participación de 35 traballos de 8 centros de…
Ver+Actividades para festexar as Letras Galegas no Concello de Bueu
O Concello de Bueu (coa colaboración da Comisión de Festas Patronais de Cela, a Deputación de Pontevedra e a Consellería de Cultura e Turismo) organiza este xoves, 16 de maio, ás 21.30 h “Sons no Eirado”, co que se potenciará a cultura e tradición musical galega. O programa arrancará coa actuación de Blues do País, dúo formado por Bieitta James e Pepe King que unirán as raíces do blues e soul americano coa música galega. Ás 23 h será a quenda da banda Xangai, un grupo no que conflúen nomes…
Ver+I Escola Sexolóxica de Verán: “Educación Sexual sen medo”. Allariz
O Concello de Allariz, a través do departamento de Igualdade e a colaboración do Instituto de Sexoloxía Incisex, organiza a I Escola Sexolóxica de Verán en Allariz: “Educación Sexual sen medo”. A Escola, que terá lugar durante os días 17,18 e 19 de xullo, xorde da necesidade, segundo explica a técnica Ana Cardoso, “de debater e cuestionar a educación sexual en torno á adolescencia, como forma de aportar coñecemento que nos achegue a unha comprensión amable e a unha intervención o máis comprensiva posible, fuxindo de ideas antigas para aplicar en…
Ver+Correlingua: Mañá participarán 1.500 escolares de Pontevedra e comarca. Pontevedra
1.500 escolares de 18 centros de ensino de Pontevedra e comarca participan mañá xoves 16 de maio na Boa Vila na final do Correlingua-2019. Será a última das doce etapas nas que se dividiu este ano. Os 1.500 alumnos e alumnas, con idades que van dos 3 aos 17 anos, son dos seguintes centros: CEIP Manuel Vidal Portela, CEE Pontevedra, CEIP Praza de Barcelos, CPR Sagrado Corazón de Placeres, CPI de Pontecesures, CPI Julia Becerra Malvar, IES de Ponte Caldelas, CPI do Toural, CEIP A Xunqueira 2, IES Frei Martín…
Ver+Reunión de centros educativos co nome de Curros Enríquez en Celanova
Celanova acolle este mércores, 15 de maio, unha nova Xornada de convivencia dos centros Curros Enríquez de Galicia. Esta actividade, que está organizada pola Fundación Curros Enríquez e na que colabora o Concello de Celanova, pretende reunir periodicamente en Celanova aos alumnos dos centros que levan o nome do poeta e realizar actividades na súa vila natal. Participarán 150 escolares de 5º e 6º de primaria dos centros CEIP Curros Enríquez da Coruña, CEIP Curros Enríquez de Ourense e e CEIP Curros Enríquez de Celanova. Mañá (10:00-14:00): Coñecemento dos autores…
Ver+Campa Verán 2019. Poio
Aberto o prazo de inscrición para o Campa Verán 2019, actividade dirixida a nenos/as de 3 a 12 anos que terá lugar durante os meses de xullo e agosto nas instalacións do CEIP Isidora Riestra e no Complexo Deportivo Miguel Anxo Pazos, na que ofrecemos unha alternativa de ocio aos/ás máis cativos/as durante as vacacións estivais, ademais de facilitar a conciliación da vida familiar e laboral. O horario amplíase respecto ao ano anterior, pasando a ser de 7:30 a 15:00 horas. As solicitudes de inscrición deberán presentarse no Rexistro do…
Ver+I Encontro de Familias do Salnés. Sanxenxo (Programa)
Mañá comeza o prazo de inscrición no I Encontro de Familias do Salnés que se presentou o pasado mércores no Grupo de Traballo sobre Calidade Educativa. Información importante: A inscrición deberá facerse a través do enlace indicado no cartel. Si para algunha persoa isto supón un problema poderá facela presencialmente no Pazo Emilia Pardo Bazán. Prazo de inscrición comeza o mércores, 15 ás 9,00 h e remata o luns, 27 de maio. Para facilitar a asistencia ás mesas redondas haberá servizo de ludoteca. Os talleres da tarde…
Ver+Libros, música, teatro, deporte e reivindicación a prol da lingua. 17 M Pontevedra
Pontevedra celebrará cun amplo e variado programa de actividades o 17 de Maio, Día das Letras Galegas, que este ano está adicado a Antonio Fraguas. Libros, música, teatro, contacontos, xadrez e tamén reivindicación teñen cabida na programación. Propostas para o Día das Letras Galegas: Os libros saen a rúa De 12.00 a 14.30 e de 17.30 a 20.30 horas nos Soportais da Ferrería Dez librarías visibilizan e promocionan os libros galegos e en galego. Sinatura de autores: Arantza Portabales, Ledicia Costas (mañá), Pedro Feijoo e Iria Collazo (tarde) Organiza: Concellería…
Ver+O programa RE-viradas e a creación dun banco de tempo avanzan ao abeiro da Redeira. Pontevedra
Está en marcha o programa RE-viradas no que dez mulleres foron seleccionadas para darlle unha volta ao seu potencial persoal ou profesional e que lles gustaría facelo acompañadas. Serán 12 horas repartidas en 6 sesións nas que se traballarán obxectivos de diferente natureza. Por outra banda dende o pasado día 8 e até o vindeiro 16 de maio, A Redeira recibe a trinta personas de Estonia, Grecia, Eslovenia e Portugal no proxecto europeo We are time bankers de Ticket2europe. Neste caso A Redeira ademais de facilitar a loxística do proxecto…
Ver+