Bueu recibe ao alumnado de Erasmus+de intercambio co IES Johán Carballeira

O salón de plenos do Concello de Bueu acolleu este martes, 14 de maio, un acto de recibimento ao alumnado de cinco países que participa no proxecto “Migración e crise de refuxiados” no marco de Erasmus + co IES Johán Carballeira. O obxectivo deste programa, que engloba a catorce rapaces e rapazas, é analizar a crise dos refuxiados e ver a inmigración desde un ámbito global. Acompañados de sete profesores, o alumnado do Liceum Ogolnoksztalcace de Sroda Wielkpolska (Polonia), do Licei Statali Francesco Angeloni de Terni (Italia), do Solski Center…

Ver+

Actividades do Concello de Ourense no Día das Letras Galegas

O Concello de Ourense súmase á celebración do Día das Letras 2019 cun programa de actividades especificamente dirixidas a cativada e outras para persoas de todas as idades que se desenvolverán durante a  semana. O venres, 17 de maio, a Sala Valente acollerá ás 11.30 horas un concerto didáctico a cargo do Capitán Garfo: “Cociñando música”. Ás 12.30h, no mesmo espazo desenvolverase o acto institucional co concerto “Cantos de terra e sal”, de Carmen Penim e Banda. Xa pola tarde, ás 7, a festa sairá á rúas cun desfile da…

Ver+

IV Edición de Enxebre Swing Festival. Bueu (programa)

O festival ofrecerá actividades dirixidas a bailaríns de lindy hop (lindy hoppers), pero tamén actividades dirixidas a tódolos públicos. Ademáis de persoas das Rías Baixas, o festival acollerá asistentes de toda Galicia, Cantabria, Girona, Madrid, Zamora, Portugal e ata de Inglaterra e Holanda. O festival arrica o xoves 16 de maio ás 18.30h cunha clase aberta de lindy hop no Paseo da Banda do Río de Bueu, impartida por Elena Branco e Jorge Patiño de Swing On School. Ese mesmo día, os asistentes poderán seguir bailando no mesmo lugar despois…

Ver+

Sétima Feira. Nova cita 11 de maio. Pontevedra

Chega o segundo sábado de mes e con el unha nova cita con Sétima Feira no 1o andar do mercado de abastos. Moda, deseño e arte e tamén música, gastronomía e obradoiros para nenos e nenas converterán encherán de vida este espazo o vindeiro 11 de maio, de 11.00 a 15.00 horas. A participación no fervedoiro creativo infantil é de balde mais con previa inscrición a través do enderezo setimafeira@pontevedra.gal ou por orde de chegada. Neste ocasión os nenos e nenas, de 6 a 12 anos, enfrontará a gravación de…

Ver+

Torneo de xogos de mesa tradicionais. ‘Xogando cara a cara’. Ourense

A Concellería de Xuventude convoca, este sábado 11 de maio no Espazo Lusquiños, a mozos e mozas de 12 a 30 anos a unha xornada de xogos de mesa de sempre, tanto de grupo coma individuais. “Xogando Cara a Cara” é unha actividade que quere potenciar un lecer baseado no contacto entre iguais, sensibilizar a mocidade local na necesidade de participar e relacionarse fóra de espazos virtuais, así como dinamizar os espazos culturais e xuvenís da cidade como lugares de encontro. A actividade, dentro do programa Ourense Xove que desenvolve…

Ver+

Novo programa ‘Progresa dixitalmente’ de La Molinera. Ourense

O centro de coñecemento La Molinera ofrece, durante o mes de maio, formación para o mundo da empresa a través da rede. A actividade estrela do programa é ‘Progresa dixitalmente’, unha actividade formativa baseada na rede social Facebook para persoas de entre 18 e 30 anos (terán prioridade as desempregadas) que desexen mellorar as súas competencias actuais ou adquirir novas ferramentas para o éxito profesional ou persoal dentro da economía dixital. Progresa dixitalmente’ será impartido por Gdoce en colaboración coa Concellería de Emprego e Promoción Económica os días 14, 21,…

Ver+

Ábrese o prazo para inscribirse no programa PaiFill@Nai. Sanxenxo

O Concello de Sanxenxo, desde o Centro de Información á Muller, pon en marcha unha nova edición do Programa Paifill@nai, O programa desenvolverase desde o 1 de xullo ata o 31 de agosto, para nenos e nenas de 3 a 12 anos, no CEIP Portonovo. O prazo para solicitude de praza esténdese desde o vindeiro luns día 6 ata o día 13, ambos os incluídos. Serán dous os tipos de horario do programa, un amplo e outro reducido. A entrada daqueles que escollan a modalidade de horario amplo será a…

Ver+

Nova edición de Maio Mes da Lingua. Pontevedra

Corenta actividades programadas -máis dun cento se contamos as da programación escolar, xa pechadas- e máis de 2.000 nenos e nenas, mozos e mozas en 30 días. Son datos que falan de importancia e alcance de Maio Mes da Lingua, proxecto da Concellería de Normalización Lingüística que promove o uso e a valorización da lingua dun xeito lúdico e formativo. O concelleiro de Normalización Lingüística, Alberto Oubiña, presentou hoxe a programación da nova edición de Maio Mes da Lingua que chega con máis actividades e máis asociacións, colectivos e entidades…

Ver+

II Feira da Ciencia e Literatura. Bueu

Tras o éxito do pasado ano, o Concello de Bueu volverá apoiar a II Feira da Ciencia e da Literatura, un proxecto educativo e social que nace desde o IES Johán Carballeira co fin de visibilizar o papel das mulleres na ciencia e na literatura, e que se celebrará o vindeiro 4 de maio na carpa sita na céntrica Praza Massó, con horario entre as 11.00 e as 14.00 h e das 17.00 ás 20.00 horas. A principal novidade é que este ano participan todos os centros educativos da vila,…

Ver+

Nova edición ‘Ocio en familia’. Ourense

En “Ocio en familia” poderase gozar de actividades para toda a familia nas que se pode descubrir a nosa cidade, practicar deporte e compartir diferentes obradoiros potenciando a curiosidade dos rapaces dun xeito lúdico Poderán participar familias de Ourense con fillos e fillas de ata 14 anos. Hai 50 prazas por actividade, coa posibilidade de inscribirse en cada unha delas ou en todas ata o día 16 de maio. 25/5/2019 ALIMENTA A SAÚDE (10:00 a 13:00 horas): Compartir coa rapazada a preparación dun menú para toda a semana con produtos…

Ver+