Quentando motores para o Día das Letras Galegas dentro do Maio Mes da Lingua. Pontevedra

A programación de Maio Mes da Lingua quenta motores cara a celebración do Día das Letras Galega, adicado neste ocasión á vida e obra de Antonio Fraguas. Serán tres días de actividades -dende mañá martes ao xoves- que inclúen unha conferencia, un programa de radio, cinema, unha sesión lectora e mesmo unha carreira, iniciativas todas elas co obxectivo de normalizar o uso da lingua na infancia e mocidade e na xente en xeral. Maio Mes da Lingua é un proxecto da Concellería de Normalización Lingüística , dirixida por Alberto Oubiña,…

Ver+

No 17 de maio os libros galegos saen a rúa. Pontevedra

Dez librarías da cidade instalarán postos nos Soportais da Ferrería o Día das Letras Galegas co fin de visibilizar e achegar á xente a oferta editorial galega e en galego, unha oferta ampla, variada e de calidade. Os libros galegos saen a rúa é unha iniciativa da Concellería de Festas enmarcada na programación do Maio Mes da Lingua, proxecto liderado pola Concellería de Normalización Lingüística. Na cita participan as seguintes librarías da cidade: Aviones de Papel, Clip, D-lectum, El Pueblo, Escolma, Espazo Lector Nobel, La Nube de Papel, Luna Nueva,…

Ver+

Programación das Letras Galegas no Concello de Bueu

O Concello de Bueu quere dar un paso adiante na organización de actividades que leven a cultura ao rural, e por iso este ano serán protagonistas os lugares de Sanamedio, Cela e Meiro, onde están programados diversos actos conmemorativos das Letras Galegas, cando se homenaxea a Antón Fraguas. Durante a rolda de prensa celebrada este mércores, Xosé Leal, concelleiro de cultura destacou que “é importante a convivencia entre as diversas xeracións”. No acto estiveron presentes integrantes de todos os colectivos implicados, como a Asociación Cultural de Sanamedio, a Asociación Cultural…

Ver+

Presentación Libro ‘Tempa maltreita’ de Alexander Vórtice. Pontevedra

15 de maio ás 20.00 horas na Libraría Paz de Pontevedra Alexander Vórtice presenta o seu novo libro ‘Tempa maltreita’ acompañado dos xornalistas Natalia Puga e Jesús Iglesias. ‘Tempa maltreita’ (Editorial Discursiva) supón unha viaxe de ida e volta ata o máis fondo das emocións propiamente humanas: noites ácedas, corredoiras húmidas, persoas facilmente substituíbles e pensións de mala morte, sempre procurando un lugar onde a esperanza poida reverdecer e brotar entre a negrura que nos outorgan as patadas do destino. +INFO CLICK AQUÍ

Ver+

Aser Álvarez gaña o XVI Premio Johán Carballeira de Xornalismo. Bueu

Aser Álvarez González erixiuse gañador do XVI Premio Johán Carballeira de Xornalismo pola súa reportaxe titulada “Ferrín e a poesía do circo”, publicada no xornal dixital www.adiante.gal, polo que se fará con 1500 €.   O xurado, conformado por Manuel A. Mosteiro, presidente da Asociación de Amigos de Johán Carballeira de Bueu, e as xornalistas Ana Cabaleiro e Montse Dopico, xustificou a súa decisión en que “como produto xornalístico destaca pola súa orixinalidade e estrutura, así como a relación que establece entre circo, teatro e literatura, ao mesmo tempo que…

Ver+

Nova edición de Maio Mes da Lingua. Pontevedra

Corenta actividades programadas -máis dun cento se contamos as da programación escolar, xa pechadas- e máis de 2.000 nenos e nenas, mozos e mozas en 30 días. Son datos que falan de importancia e alcance de Maio Mes da Lingua, proxecto da Concellería de Normalización Lingüística que promove o uso e a valorización da lingua dun xeito lúdico e formativo. O concelleiro de Normalización Lingüística, Alberto Oubiña, presentou hoxe a programación da nova edición de Maio Mes da Lingua que chega con máis actividades e máis asociacións, colectivos e entidades…

Ver+

II Feira da Ciencia e Literatura. Bueu

Tras o éxito do pasado ano, o Concello de Bueu volverá apoiar a II Feira da Ciencia e da Literatura, un proxecto educativo e social que nace desde o IES Johán Carballeira co fin de visibilizar o papel das mulleres na ciencia e na literatura, e que se celebrará o vindeiro 4 de maio na carpa sita na céntrica Praza Massó, con horario entre as 11.00 e as 14.00 h e das 17.00 ás 20.00 horas. A principal novidade é que este ano participan todos os centros educativos da vila,…

Ver+

A Casa dos Poetas acolleu a presentación do libro ‘Piratas da liberdade’. Celanova

A Casa dos Poetas acolleu unha nova publicación que xira arredor do episodio histórico do secuestro político do buque Santa María, no que viaxaron cara Venezuela tantos e tantos emigrantes galegos, que tivo lugar no ano 1961 e que contou coa participación principal do celanovés Xosé Velo Mosquera.  A publicación titúlase “Piratas da liberdade” e é a traducción dun libro publicado inicialmente en catalán polo xornalista Xavier Montanyà baixo o título “Pirates de la llibertat” e agora editado en galego por Edicións Positivas, editorial dirixida polo berciano Francisco Macías. “Piratas…

Ver+