Actividades deportivas na semana das Festas de Ourense

O Consello Municipal de Deportes de Ourense (CMD) presentou o programa de actividades e calendario de competicións deportivas para o programa das Festas de Ourense, que transcorre desde o 22 até o 30 de xuño. Durante os nove días festivos, o Concello de Ourense aposta por eventos culturais e deportivos nas rúas e instalacións deportivas da nosa cidade. En total, son 15 as modalidades deportivas incluídas no programa, desde as máis populares ás menos visibles ao gran público: kickboxing, wushu, natación sincronizada, hóquei, fútbol, vólei praia, chave, xadrez, atletismo, fútbol…

Ver+

Danza no Claustro de San Francisco nesta semana. Ourense

O Claustro de San Francisco acolle, o xoves e o venres desta semana, a sétima edición de ‘Danza no Claustro’, unha proposta escénica exclusiva na que artistas internacionais e locais habitarán este espazo gótico, e compartindo os seus coñecementos e experiencia. Organizado por Erick Jiménez e Maruxa Salas (Solodos) e coa colaboración da Concellería de Cultura, os espectáculos serán ás 20:30 horas con acceso aberto e gratuíto. En total, son sete as compañías que participarán no Danza no Claustro 2019. Proveñen de España, Portugal, México e Costa Rica, e entre…

Ver+

Festa das Alfombras Florais de Bueu

22 – 23 de xuño A programación inclúe música da man de Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre e a orquestra Johnny Maquinaria, ademais dos tradicionais actos relixiosos e os tapices florais inspirados na música O Concello de Bueu solicitou o deseño do cartel ao artista local Luís Davila, quen o define como “unha composición tipográfica, de vertente pictórica que lembra o espírito das alfombras” Máis de cincuenta alfombras encherán de cor e arte as rúas da vila de Bueu con motivo da celebración da Festa das Alfombras do Corpus,…

Ver+

Castañas Medievais

O autor Heitor Picallo Fuentes (Cuntis, 1974) é unha desas persoas con varias inquietudes, e a súa angueira reflexa paixón. É enxeñeiro técnico naval de profesión, aínda que tamén exerce de investigador, escritor e mesmo ilustrador de libros e publicacións periódicas. A súa obra xa é extensa, pero sobre todo mantén unha calidade evidente. Ten publicado en varias revistas especializadas e de divulgación e tamén en xornais, así mesmo escribiu contos infantís e varios ensaios, o último, anterior ao que vimos falar, trata sobre o Cuntis romano e é realmente…

Ver+

Arte Rueira en Pontevedra

O denominado street art xorde como un modo de expresión artística nas rúas mediante diferentes técnicas: graffiti, plantillas, adhesivos… Este tipo de actividade resulta, a maioría das veces, ilegal aínda que co transcorrer dos anos comeza a gañar espazo, alén do complexo mundo da arte contemporánea, nas iniciativas municipais ou como recurso terapéutico. Non resulta complicado diferenciar o simple acto vandálico do que podería ser unha mostra de arte rueira. A agresión a monumentos ou o simple feito do grafismo sucio e feo en determinados  ambientes son actos recoñecibles e…

Ver+