O Bosque de Libradón. Primeiros Tempos. (Traslado de Santiago Apóstolo)

Santiago segundo a tradición foi trasladado por Atanasio e Teodoro desde Palestina a Iría Flavia, bordeando o Mediterráneo e posteriormente o Océano Atlántico. Así é como chegan a Padrón, negocian coa Raíña Lupa e seguen cos bois ata o bosque de Libradón; que era como primitivamente chamábase Compostela. Sobre este termo existen varias discusións, a máis popular é que se refire e “campo de estrelas”, outra di que vén de “ Compositum Tellus” que pode significar “ Terra composta e fermosa” ou de “ compositum” enterrado, podendo significar nesta segunda…

Ver+

Prepararse para partir

Foto: Mateo Fontán Couto Desde setembro de 2018 un novo número viu a luz dentro da colección Coñecer Santiago, cidade educadora. Trátase dunha moi interesante guía didáctica que leva por título: O cemiterio compostelán de Boisaca e o patrimonio funerario. Non obstante, o contido do libro supera en moito a promesa do título xa que se trata dun  conciso percorrido polas manifestacións funerarias ao longo do tempo en Galicia. A obra está editada polo Departamento de Educación e Cidadanía do Concello de Santiago e coordinada por Carmen María Sánchez Arines.…

Ver+

Conferencia: “Megálitos na Baixa Limia: construtores de monumentos e paisaxes na prehistoria do suroeste ourensán”. Ateneo de Ourense

Día 7 de febreiro, xoves, ás 20:00 horas – Comentaranos o estado actual do Megalitismo da comarca da Baixa Limia a partir de traballos de investigación realizados a finais da década de 1980 e inicios de 1990: as escavacións realizadas, a distribución dos monumentos polo territorio e as intensas transformacións da paisaxe dende finais do Vº milenio BC. A monumentalidade dos megálitos -dólmenes e túmulos- está ben representada nestas terras que forman parte dos actuais espazos naturais protexidos da Serra do Xurés-Gerês. O Doutor José Mª Eguileta Franco é Xefe…

Ver+

A Pedra na Nosa Cultura

Se hai algo que predomina e chama a atención ao visitante en Galicia é precisamente a pedra, na Natureza nos nosos montes, nas casas e muros das nosas aldeas, nas nosas ermidas e igrexas, nas nosas cidades, nas nosas edificacións en xeral. A pedra é en multitude de culturas a representación de fortaleza, firmeza e permanencia case eterna. Pero en Galicia ademais a pedra segundo a súa forma, disposición e localización posúe diferentes significados. Debemos remontarnos á “época da cultura dos castros”, e aos petróglifos, moi abundantes sobre todo na…

Ver+

Os bretones da Galicia: A Diocese de Britonia

Mapa: Wikipedia / Rubén Tarrío A diocese de Bretoña, debeu ser fundada por bretóns insulares, os primitivos bretóns ou britanos, como habitantes da illa de Bretaña, a actual Gran Bretaña. Compelidos polas invasións anglosaxoas, grupos xermanos que desembarcan na Gran Bretaña, comunidades bretoas abandonan a illa entre o século IV e VII, dirixíndose basicamente ás costas galas, onde se asentan na península de Armórica, que acabará por tomar o nome actual de Bretaña, a consecuencia deste poboamento. É indubidábel que se dirixiran tamén para outras partes. Certos grupos deberon chegar até…

Ver+

Visitando “A Chave do Reino de Galicia”: Allariz

Foto©Porgaliciabaixo Allariz é unha xoia medieval engastada nun remanso do río Arnoia que soubo conservar con moito éxito todo o legado do que é depositaria. A vila estivo unida ao poder real desde o seu nacemento, pois lle debe xa o seu nome ao rei suevo Alarico, que repoboou estas terras alá polo século V, sendo en distintas ocasións ao longo da idade media capital do Reino de Galicia e asento da corte de Castela. No seu núcleo estivo asentada a corte literaria que, creada por Afonso X O Sabio,…

Ver+

Ruta e visita a Ponte Caldelas (Pontevedra)

¬VER MAPA EN GRANDE Saíndo de Pontevedra, collendo a PO-532 O Concello de Ponte Caldelas recibiu o seu nome seguramente da antiga ponte sobre o río Verdugo e das súas augas termais sulfuroso-sódicas. A vila foi patrimonio da catedral de Santiago de Compostela, dándolle Xelmírez privilexios e franquías. Conta a tradición que a famosa raíña Lupa ou Loba que perseguiu aos discípulos do Apóstolo Santiago foi natural desta vila ou residiu nela, o que se se puido constatar é que en 1.126 o rei Alfonso VII lle concedeu o título…

Ver+

Notas acerca do Camiño Portugués de Santiago

Foto©Porgaliciabaixo O Camiño ou ruta xacobea desde Portugal, moi posiblemente xa era un feito na época alta medieval, agora ben, é a partir da independencia do territorio luso no século XII cando comeza a tonarse máis vigorosa. Estas diferentes sendas do camiño, son á fin e ao cabo, sucesoras e continuadoras daquelas vías romanas que percorrían a Gallaecia da época do Imperio Romano, a coñecida como Vía XIX, mandada construír polo emperador romano Caracalla (1) O pobo portugués sempre participou intensamente desta ruta, que tamén foi apoiada pola súa nobreza e…

Ver+

A Lamprea: Única e inigualable

Posiblemente moitos dirán que non hai un produto en Galicia máis singular. Outros moitos afirmarán que non hai produto máis exquisito, que é un prato digno de deuses. Outros dubidarán se fincarlle o dente ou non… Pero o certo é que para opinar, hai que probala! A lamprea é un peixe azul moi primitivo que xa habitaba os ríos e mares da Terra hai máis de 400 millóns de anos. Ten forma de anguía e o seu trazo máis identificativo é a súa boca e a súa forma de alimentarse:…

Ver+

Vigo

Foto: Vista de Rande e Vigo ao fondo Vigo é entre outras cousas, a cidade non capital de provincia máis poboada de España, con preto de 300.000 habitantes. Situada na parte occidental da provincia de Pontevedra, a cidade esténdese aos pés do Monte do Castro e desde alí  poderemos contemplar ría de Vigo. Vigo xa foi poboada na etapa roama e pre-romana, atopándose numerosos vestixios, como dólmenes e mámoas. En canto á cultura castreña, tamén deixou rastros nesta zona, achándose restos de 26 poboados castrexos. Da etapa romana quedan restos por…

Ver+