Ruta e visita a Ponte Caldelas (Pontevedra)

¬VER MAPA EN GRANDE Saíndo de Pontevedra, collendo a PO-532 O Concello de Ponte Caldelas recibiu o seu nome seguramente da antiga ponte sobre o río Verdugo e das súas augas termais sulfuroso-sódicas. A vila foi patrimonio da catedral de Santiago de Compostela, dándolle Xelmírez privilexios e franquías. Conta a tradición que a famosa raíña Lupa ou Loba que perseguiu aos discípulos do Apóstolo Santiago foi natural desta vila ou residiu nela, o que se se puido constatar é que en 1.126 o rei Alfonso VII lle concedeu o título…

Ver+

O Camiño de Santiago ao seu paso por Tui

Foto©Porgaliciabaixo A cidade de Tui é unha etapa clave do camiño portugués a Compostela, pois Tui é un dos camiños naturais de penetración a Galicia dende as terras lusitanas, camiño que foi trazado xa en época romana ao deseñar a via XIX, do itinerario de Antonino, que comunicaba as dúas capitales da antita Gallaeciae, Braga e Lugo. O “Castellum Tude” era unha das etapas desta via romana, pola que andando os séculos discurrirán os camiños medievais. O descubrimento da tumba do Apostolo Santiago en Compostela e o inicio das peregrinacións…

Ver+

Notas acerca do Camiño Portugués de Santiago

Foto©Porgaliciabaixo O Camiño ou ruta xacobea desde Portugal, moi posiblemente xa era un feito na época alta medieval, agora ben, é a partir da independencia do territorio luso no século XII cando comeza a tonarse máis vigorosa. Estas diferentes sendas do camiño, son á fin e ao cabo, sucesoras e continuadoras daquelas vías romanas que percorrían a Gallaecia da época do Imperio Romano, a coñecida como Vía XIX, mandada construír polo emperador romano Caracalla (1) O pobo portugués sempre participou intensamente desta ruta, que tamén foi apoiada pola súa nobreza e…

Ver+

A Illa de Cortegada

Foto©Porgaliciabaixo// Vista Illa de Cortegada desde Carril A Illa de Cortegada é quizá unha das máis descoñecidas do grupo que integran o Parque Nacional e Natural das Illas Atlánticas, dándose ademais a circunstancia de ser seguramente a que se atopa máis próxima á costa, xa que só a separan cento noventa metros de Santiago de Carril (Vilagarcía de Arousa). Cento noventa metros empregados na súa maioría á cría da famosa ameixa de Carril; é o chamado “Canle dos Viveiros”, cento noventa metros que fan franqueable a illa coa marea baixa.…

Ver+

Prisciliano ¿Santo Apóstolo ou Santo sen máis?

Se hai unha figura histórica fascinante na historia de Galicia., unha figura que ademais tivo unha gran influencia nos galegos e con gran transcendencia, esta é nin máis nin menos que Prisciliano, chegándose a pensar ata, que en realidade é el o que ocupa o sepulcro do Apóstolo Santiago. Non se sabe se a súa orixe é realmente galego, ibero ou lusitano, pero é o menos importante, o que se está claro é que o seu gran arraigamento e influencia en Galicia que perdurou durante séculos. A Prisciliano situámolo nunha…

Ver+

Por qué chámase “Santiago O Maior”?

O Santiago Apóstolo que chegou ata nós tiña como oficio o de pescador na súa terra e era irmán de San Xan Evanxelista. Xunto con San Pedro e o seu irmán Juan, foron “os preferidos” de Xesucristo, que ademais consideraba persoas de moito carácter. A Santiago chamábaselle “O Maior” porque foi o primeiro Santiago que apoiou e seguiu a Cristo e en primeiro en ser mártir. Segundo a descrición de Liber Sancti Jacobi, era un home ben parecido, con bo aspecto alto de estatura, casto de corpo, benigno na doctrina…O inimigo…

Ver+

Os Libros de Santiago

Foto©Porgaliciabaixo Hai tres libros que nos contan e relatan a historia sobre Santiago de Compostela, historias reais nuns casos, e lendas noutros. Así temos: 1- A historia compostelá, encargada polo bispo Diego Xelmírez, importantísima figura política e eclesiástica galega 2-.”A Lenda Dourada”; escrita por Santiago La Vorágine, arzobispo de Xénova (1228 – 1298). Este libro poderiamos dicir que foi un best seller da Idade Media, e está dedicado, sobre todo, á vida de santos. Sábese que ademais de latín foi traducido ao francés, provenzal, catalán, inglés, alemán, holandés, e iso dános unha idea do seu…

Ver+

O Batallón Literario: Os estudantes da Universidade de Santiago na Guerra da Independencia

Foto: Wikipedia No contexto da Guerra da Independencia Española (1808-1814), rexurdiu este movemento na Universidade de Santiago de Compostela – xa se constituíu previamente en 1663, ante os ataques portugueses á vila de Monterrei, tras a sublevación de Portugal contra España en 1640 –, formándose na etapa da invasión francesa, unha compañía integrada por estudantes que decidiron loitar contra as tropas de Napoleón, sendo coñecidos como o Batallón Literario. Este movemento veu determinado tras unha reunión na universidade, tutelada polo arcebispo de Compostela Rafael Múzquiz Aldunate. Chegouse na ocasión ao acordo…

Ver+

El Catón Compostelano

El Catón Compostelano foi o primeiro xornal de Galicia. O primeiro número apareceu o 1 de maio de 1800 na cidade de Santiago de Compostela. El Catón Compostelano, que Eugenio Carré Aldao alcumou como “primeiro xornal galego”, veu a luz en Santiago de Compostela no ano 1800. Trátase dunha publicación semanal na que se tocaban temas de corte erudito e polémico, dende a necesidade da educación das mulleres ata a orixe das linguas de España; da paz, a liberdade ou o tempo, á necesidade dunha Historia Natural de Galicia ou a…

Ver+

A Familia Churruchaos

Os Churruchaos foron unha desas familias nobres galegas, con máis poder e posesións  no reino de Galicia, alá polo século XIV. O seu nome deriva ao parecer de “Torrechanos”, a orixe desta familia estaba en Santiago de Compostela. O Castelo da Rocha Forte, tamén coñecido como Castelo dos Churruchaos, é un xacemento arqueolóxico no que se atopa en proceso de escavación uno dos castelos medievais máis emblemáticos da mitra compostelá, e no que se constata un período de ocupación desde, aproximadamente, o ano 1240 até 1467, ano no que foi…

Ver+

Xelmírez e Compostela

Hai un dato que é incuestionable en Compostela, hai un antes e despois, e este prodúcese tras a figura de Diego Xelmírez. Creceu á sombra do bispo Diego de Peláez, quen tamén foi figura importante en Compostela e quen comezou coas obras da basílica románica en 1070, que posteriormente proseguiría o seu discípulo Xelmírez, quen sufraga con parte do seu patrimonio as costosísimas obras da catedral. Isto ao final terminará converténdose máis ben nun investimento, xa que coa construción da catedral asentaranse gremios na localidade e establecerase unha pequena burguesía,…

Ver+