A Pé de Rúa: ‘Rizando o Rizo’ participarán 14 perruquerías, barberías e tendas de tocados. Pontevedra

Demostracións (peiteados, maquillaxes, depilación con fíos…), nomes propios, mesmo un desfile e servizos en directo, ademais de actividades para nenos e nenas. Son os vimbios da próxima cita de Rizando o Rizo, que terá lugar o vindeiro sábado 11 de maio, a partir das 16.30 horas no eixo praza de Ourense/A Ferrería. Rizando o Rizo é a cita sectorial do programa A Pé de Rúa que impulsa a Concellería de Promoción Económica e da Cidade para pór en valor e visibilizar o comercio local. Ven da man da concellería e…

Ver+

Degustación de produtos sen glute na Casa da Luz. Pontevedra

A Casa da Luz acollerá o vindeiro sábado 11 de maio, de 11.30 a 13.30 horas, unha degustación de produtos sen glute, promovida pola Asociación de Celíacos de Galicia (Acega) co soporte da Concellería de Benestar Social Municipal. A cita forma parte das actividades desenvolvidas pola asociación arredor do Día das Persoas Celíacas, que se celebra o 31 de maio. Acega traballa na divulgación da enfermidade celíaca e está a poñer o foco na necesidade de concienciar á hostalería da necesidade de que haxa opcións nas cartas para que as…

Ver+

San Martiño Dumiense; o Apóstolo dos suevos (da Gallaecia)

Foto: Estatua de Martiño de Dumio en Braga, Portugal/ Wikipedia Naquela época había diferentes correntes evanxelizadora dentro do cristianismo, que convivían con pagáns, dentro do cristianismo habíaos que eran partidarios  do arrianismo, outros galegos xa romanizados seguían a teoría de Prisciliano… E nisto chegou a Galicia San Martín Dumiense, e este San Martín está ligado ao de “Tours” pola figura do rei Carriarico. Segundo a narración de de o historiador da Igrexa Gregorio de Tours (538-594), Carriarico (rei de Galicia entre os anos 550 e 559); tiña un fillo que sufría lepra, e…

Ver+

Reurbanización na rehabilitación da zona traseira do Campiño de Santa María. Pontevedra

O Concello completará a rehabilitación do espazo da traseira do Campiño de Santa María coa reurbanización das rúas San Martiño e e do tramo pendente de Eirado de Alvar Páez (no entronque con San Martiño). As obras correrán a cargo dos fondos ARI (Área de Rehabilitación Integral) concedidos para o centro histórico da cidade. A concelleira de Urbanismo e responsable do Centro Histórico, Anabel Gulías, informou da proposta de obras e dotación dos estándares de calidade urbana para esta zona, un proxecto conxunto valorado en 126.050,42 euros (sen IVE) e…

Ver+

Seis rúas rexistrarán tráfico nocturno de vehículos pesados desde o luns. Ourense

Con motivo da execución das obras de acceso do tren de alta velocidade á cidade de Ourense, a partires do próximo luns, día 6 de maio, e durante un período aproximado dun mes, rexistrarase tráfico nocturno de vehículos pesados no ámbito das rúas Avenida de Zamora, Nosa Señora da Saínza, Ramón Puga Noguerol, Cruceiro Quebrado, Portalón do Casar e Xosé Cornide, con destino ás praias das vías de ferrocarril da estación de San Francisco.

Ver+

Proxecto de iluminación para as pontes sobre o Lérez con un orzamento de máis de 363.000 euros. Pontevedra

O Concello de Pontevedra acordou imputar o proxecto de iluminación das pontes sobre o Lérez a un convenio coa Deputación provincial, que foi aprobado esta mañá na Xunta de Goberno da institución. O proxecto ten un custe de 363.681,86 euros e incluirá as pontes das Correntes, Tirantes e a pasarela peonil da Illa do Cobo. Esta intervención xa fora adxudicada polo Concello o pasado mes de xullo á empresa Copcisa por 351.554 euros (case 100.000 euros máis que a licitación), que no momento da sinatura do contrato, informou aos técnicos…

Ver+

Aprobadas as bases para axudas escolares no curso 2019/20. Ourense

A xunta de goberno local celebrada esta mañá no Concello de Ourense abordou 12 asuntos achegados por diferentes concellerías e servizos municipais. Entre eles, aprobáronse as bases reguladoras para a concesión de axudas, en especie, para a adquisición de libros de texto e de material escolar, así como para comedores escolares, durante o curso 2019-2020. Este programa da Concellería de Asuntos Sociais contará cun orzamento de 243.348 euros. O gasto para libros de texto e material escolar, será de ata un importe máximo de 20.000 €. Para as axudas a comedores…

Ver+

Limpeza xeral en Germán Adrio Sobrido. Pontevedra

A Concellaría de Servizos continúa coas limpezas xerais. Nesta ocasión será na rúa Germán Adrio Sobrido, en ambas marxes. Como vén sendo habitual, a limpeza farase na madrugada do xoves. A zona de estacionamento estará valada dende a tarde do mércores prohibindo o aparcamento nas horas anteriores aos traballos. Os vehículos que permanezan estacionados serán retirados polo guindastre municipal. A limpeza farase con máquinas de varrer e limpadoras de auga a presión tanto na beirarrúa como na beiravía e na calzada, polo que a Concellaría solicita a colaboración de todos…

Ver+

Operativo de tráfico do martes, 30 de abril. Mundial Triatlón. Pontevedra

Martes 30 de abril . Tríatlon Cross Áfectará: Á zona do río na fase de natación. A carreira a pé será pola avenida Bos Aires, entre ponte dos Tirantes e ponte das Palabras A proba de bicicleta afectará especialmente ás parroquias de Lérez e Verducido. O paso da Illa do Cobo cara ao Pontillón de Castro obriga ao corte da estrada PO-223 á altura do cruzamento no lugar do Outeiro (Lérez). O corte da PO-223, entre as 12:30 e 19:30 obrigará aos veciños e usuarios da vía (A Piolla, Couso,…

Ver+

Discurso do alcalde na inauguración dos Mundiais de Tríatlon. Pontevedra

Estes días centos de persoas corren e rodan polas rúas e prazas da cidade, convocados polo Mundial ITU Multisport Pontevedra 2019, cinco campionatos do mundo reunidos na nosa cidade aos que damos unha cálida benchegada. Fan o mesmo que adoitan facer cada día centos de cidadáns de Pontevedra entregados aos deportes e á natureza. Cando chegades para correr perto do río ou polo Centro Histórico, xa sodes cidadáns e cidadás de Pontevedra. Esta é a vosa casa estes días e só desexamos que vos sintades aquí moi felices, participando nunha…

Ver+

Obxectivo: recuperar “canto antes” as Termas da Chavasqueira. Ourense

“A situación é complicada pero imos traballar entre todos para volver a recuperar isto e máis”, asegurou o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, tras visitar xunto co presidente da Deputación Provincial, Manuel Baltar, as Termas da Chavasqueira logo do incendio. O alcalde anunciou a creación dun grupo de traballo para sumar esforzos entre as diferentes administracións para recuperar canto antes o servizo. “É un día terrible para a cidade, unha desgracia”, asegurou Vázquez Abad, quen incidiu en que “agora nos toca a todos traballar en conxunto, sumar e que entre…

Ver+