Os bretones da Galicia: A Diocese de Britonia

Mapa: Wikipedia / Rubén Tarrío A diocese de Bretoña, debeu ser fundada por bretóns insulares, os primitivos bretóns ou britanos, como habitantes da illa de Bretaña, a actual Gran Bretaña. Compelidos polas invasións anglosaxoas, grupos xermanos que desembarcan na Gran Bretaña, comunidades bretoas abandonan a illa entre o século IV e VII, dirixíndose basicamente ás costas galas, onde se asentan na península de Armórica, que acabará por tomar o nome actual de Bretaña, a consecuencia deste poboamento. É indubidábel que se dirixiran tamén para outras partes. Certos grupos deberon chegar até…

Ver+

Illa da Toxa

Foto: Luis Miguel Bugallo Sánchez (Lmbuga)–Wikipedia É a Illa da Toxa quizá a máis coñecida de Galicia polo seu balneario, o seu gran hotel, o seu casino, do mesmo xeito que polos seus xabóns e produtos de beleza. Está situada enfronte do Grove e unida a el por unha ponte de formigón de principios do século XX –de 1914 para ser máis concretos–. Desde que se saiba a illa pertencía ao Arcebispo de Santiago Don Alonso de Fonseca, pagando os veciños do Grove por poder pasar a ela e aprovisionarse…

Ver+

Historia da Festa dos Fachós de Castro Caldelas

foto: wikipedia // loisrua +800.000  A Festa dos Fachós de Castro Caldelas celébrase o 19 de xaneiro na véspera do día de san Sebastián, comeza coa caída do sol e prolóngase durante a noite. Esta celebración converteuse nunha das tradicións de culto ó lume máis representativas de Galicia , na liña doutros folións con fachas que aínda persisten. Consiste a festa nunha procesión na que se portan centos de fachos arredor do castelo de Castro Caldelas, partindo da igrexa dos Remedios e facendo un percorrido en plena escuridade tralo facho principal (de varios metros de longo), que precede a…

Ver+

O Misterio Musical Dos Xardíns De Casto Sampedro

Fotografía de Jose M.Facorro Búa Nos xeitosos xardíns dedicados ao insigne erudito don Casto Sampedro e Folgar prodúcese cada día, ao caer a noitiña, un fenómeno curioso, un tanto enigmático e tamén fermoso. Sitos na pouco lembrada praza de Ourense son xardíns en homenaxe ao pai da Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra, primeiro director do Museo Provincial e, ao cabo, un dos meirandes investigadores do noso pasado. Moi próxima atópase a casa onde tiña o seu despacho, lugar de faladoiro entre destacados intelectuais na Pontevedra da época e que aínda hoxe…

Ver+

O Museo do Pobo Galego

Entrada de acceso ao Museo do Pobo Galego – Santo Domingo de Bonaval – Santiago de Compostela Foto Wikipedia / Lansbriscae O Museo do Pobo Galego abriu as súas primeiras salas no ano 1977 no antigo Convento de San Domingos de Bonaval, na cidade de Santiago de Compostela, no lugar coñecido comunmente como Porta do Camiño. Constitúese como un organismo ó servizo da comunidade e séntese comprometido na salvagarda dunhas tradicións e costumes que normalmente foron esquecidas ou relegadas da historia oficial, pero que son precisamente onde un pobo atopa as pegadas da súa identidade. En…

Ver+

Polas terras da D.O. Monterrei

Monterrei, dominado pola súa cidade-fortaleza, e Verín, terra de entroidos ancestrais, mostrarannos os segredos do viño da máis xove denominación de orixe galega. A beleza e monumentalidade do Val de Monterrei Propoñémosvos chegar a primeira hora da tarde ao Val de Monterrei, na marxe do río Támega. Estamos na zona suroriental da provincia de Ourense, moi preto de Portugal. Tras deixar as maletas no hotel comezaremos esta aventura enoturística explorando as fermosas poboacións do val. A parroquia de Vilaza, no concello de Monterrei, resulta un excelente punto de partida, pola súa proximidade ao enlace…

Ver+

Paseo polo Xardín do Posío – Ourense

Paseo desde a Rúa Dous de Maio de Ourense, pasando por diferentes prazas, a Igrexa da Trinidade, o Instituto Otero Pedrayo, para entrar de cheo e pasear polo Xardín do Posío (Ourense cidade).  

Ver+

O Pazo do Pousadouro en Redondela e a familia Marcó del Pont

Foto: Wikipedia /Zeldaatila Esta situado no concello pontevedrés de Redondela, na parroquia de Reboreda. A fundación do pazo data do ano 1740, da man de Francisco Casimiro Marcó del Pont , militar galego e gobernador da Corona Española en Chile. O brasón da familia fica na entrada do pazo. Francisco Casimiro Marcó del Pont Díaz Ángel Méndez, (nado en Vigo en 1770 e finado en Luján (Arxentina) o 19 de maio de 1819), era fillo de Buenaventura Marcó del Pont e Juana Ángel Méndez, militar galego e gobernador da Corona Española en Chile. Foi unha…

Ver+

O Pazo de Oca, “O Versalles Galego”

Foto: Wikipedia //Lansbricae O Pazo de Oca é unha casa señorial galega construída entre os séculos XVII e o XVIII. Está situado na parroquia de Santo Estevo de Oca, no concello da Estrada, na provincia de Pontevedra, (Galicia). Encontrase no val do río Ulla, a uns trinta quilómetros ao sueste da cidade de Santiago. Foi rematado no século XVIII, xunto a unha vella fortaleza medieval. Está composto polo propio pazo, a capela e as vivendas dos traballadores.  A primeira familia propietaria do pazo foi a de Don Suero de Oca. Na actualidade pertence…

Ver+

O Camiño de Santiago ao seu paso por Tui

Foto©Porgaliciabaixo A cidade de Tui é unha etapa clave do camiño portugués a Compostela, pois Tui é un dos camiños naturais de penetración a Galicia dende as terras lusitanas, camiño que foi trazado xa en época romana ao deseñar a via XIX, do itinerario de Antonino, que comunicaba as dúas capitales da antita Gallaeciae, Braga e Lugo. O “Castellum Tude” era unha das etapas desta via romana, pola que andando os séculos discurrirán os camiños medievais. O descubrimento da tumba do Apostolo Santiago en Compostela e o inicio das peregrinacións…

Ver+