As Doulas Sororas participan nun obradoiro impartido polo Instituto de Ciencias Sexolóxicas. Allariz

O Concello de Allariz xunto co Instituto de Ciencias Sexolóxicas (INCISEX) de Madrid, enmarcado nun convenio de colaboración, impartirá obradoiros a distintos colectivos de Allariz como a Escola de Familias ou a auxiliares do servizo de axuda a domicilio, coa finalidade de aportar coñecemento sexolóxico que aporte intervencións comprensivas coa diversidade. As primeiras en participar serán as Doulas Sororas que este venres, de 16:00h a 18:00h, participarán nunha actividade que aportará coñecemento “ para que podan acompañar dende a calma en diferentes situacións e fomenten, así , a convivencia”., explica…

Ver+

Iª Primeira Carreira Solidaria IES de Allariz

O alumnado do IES de Allariz organiza a primeira carreira solidaria. O 12 de abril, entre as 12:00h e as 14:00h, alumnos e alumnas correrán polo casco histórico de Allariz, por unha boa causa. O obxectivo principal desta actividade, segundo explica o profesor, Xosé Rodríguez “cada participante buscará un ou varios patrocinadores por cada quilómetro percorrido”. O diñeiro recadado cos patrocinios será destinado cada edición a unha asociación ou ONG galega. Na primeira carreira os ingresos serán destinados á asociación alaricana Puzzle, que loita pola integración laboral das persoas con…

Ver+

Mercados de artesanía e gastronomía na Semana ao Vivo de Allariz

A Semana Santa ao Vivo en Allariz, que agarda unha alta ocupación, inclúe na súa programación varios mercados de artesanía e gastronomía. O patio do Museo do Coiro acollerá, como é habitual, dende o xoves ata o domingo, o Mercado de Artesanía no que participan artesáns de Allariz. Unha decena de artistas exporán as súas obras feitas en coiro, cerámica ou pedra, entre outros. O Mercado da Reserva da Biosfera ampliara o seu horario e abrirá o venres e sábado de 10:00h a 14:00h.  As persoas visitantes ademais de mercar os…

Ver+

Novas visitas guiadas na Semana Santa en Allariz

A área de turismo do Concello de Allariz, xunto coa empresa alaricana Xeitura, organiza unha ruta interpretada por Allariz durante a Semana Santa. Unha das novidades da programación da Semana Santa ao Vivo 2019 foi deseñada con motivo da grande afluencia de visitantes que se achegan a Allariz durante estas datas. A oficina de información turística de Allariz atendeu, na Semana Santa pasada, a máis de 3.000 visitantes procedentes na súa maioría doutras localidades galegas, de Asturias, Castela e León e Madrid. A nova iniciativa “Ruta interpretada por Allariz” terá…

Ver+

O Programa RE reparte 5.000 litros de compost xerado nas illas de compostaxe. Allariz

A área de medio ambiente do concello de Allariz,  a través do programa RE, vén de repartir 5.000 litros de compost ás persoas usuarias das zonas de compostaxe comunitaria. Entre o pasado mes de febreiro e a primeira quincena de marzo os operarios municipais encargados do programa RE, de reciclaxe e compostaxe comunitaria, traballaron na criba e reparto do compost situado nas caixas instaladas nas 25 zonas de compostaxe comunitario. “Este compost é froito das achegas de restos de comidas no último semestre de 2018 que, unha vez madurado, queda…

Ver+

Semana ao Vivo. Actuacións. Allariz

A música ao vivo terá, como é habitual, un protagonismo especial na programación da Semana Santa ao Vivo en Allariz. O casco histórico encherase de ritmo grazas ás actuacións de rúa dos grupos galegos: Adrián Timms (folk/indie/pop), Banet (indie-pop, funk, synth-pop, psicodelia), Raiceira (folk tradicional), Iván Caride (pop-rock)¡, GarménHarper (tradicional/bossa/clásico/versións) e Sheila Patricia (world music/pop). Tamén actuará o grupo alaricano Os dous porquiños e o solista Rubén Darío de Prado con versión de distintos estilos musicais. E como novidade, xa que o pasado non puido ser polo mal tempo, incorpórase ás actuacións…

Ver+

Os xudeus galegos (segunda parte)

Foto: Tui /Foto©Porgaliciabaixo A realidade é que a Inquisición en Galicia non tivo gran actividade en relación aos xudeus. Rexistráronse unha condena á morte en 1579; o período no dáse unha menor persecución atópase entre os anos 1638 e 1684; nos séculos XVII e XVIII aumentan os procesos antixudizantes, abrindo procesos nas comunidades de Santiago, Ferrol, Pontevedra, Baiona, Tui, Ribadavia, Verín e Ourense; comunidades que manteñen relación con outras de Bordeus, Amsterdam, Copenhague… Doutra banda puxéronse en práctica os chamados ‘Estatutos de Limpeza’; no cal se decretaba que só os…

Ver+

1º Consello de nenos e nenas en Allariz.

O salón de plenos do Concello de Allariz acollerá, hoxe ás 11:30h, a primeira sesión do consello de nenos e nenas. Nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de primaria do Colexio Padre Feijóo de Allariz, dous por aula, formarán xunto coas vogalías de adultos/as o Consello de nenos e nenas da localidade. Escoitarán, proporán e discutirán sobre asuntos que afectan á infancia e difundirán as novas ao resto de compañeiros e compañeiras. O primeiro consello terá lugar mañá cuxa orde do día centrarase na mobilidade no tramo de…

Ver+

Visitando a Reserva da Biosfera Área de Allariz

Allariz /Foto©Porgaliciabaixo É unha reserva da biosfera declarada o 25 de xuño do ano 2005 e que abrangue os concellos de Allariz (bisbarra de Allariz-Maceda), A Bola (Terra de Celanova), Vilar de Santos e Rairiz de Veiga (A Limia), todos eles pertencentes na provincia de Ourense. A reserva ten unha superficie de 21.482 hectáreas e nela vive unha poboación de menos de 10.000 persoas. A poboación da Área de Allariz distribúese principalmente en núcleos dispersos. A reserva conta cun total de 32 parroquias que espallan a poboación e, ao mesmo…

Ver+

Os xudeus galegos (primeira parte)

Ribadavia. Foto©Porgaliciabaixo Suponse que os xudeus están en Galicia desde o s.I despois de Cristo, aínda que o primeiro documento nos que se lles cita está datado no s. XI atopado en Celanova (Ourense). No s.IV sabíase que había comunidades non moi numerosas en Ourense, Tui, Lugo e A Coruña, igualmente que na época de dominación sueva, na que gozaron de liberdade relixiosa na que se lles permitiu ter relacións con cristiáns e alcanzar tamén postos elevados nas administracións da época. Mesmo se cre, que na época de persecucións de…

Ver+