O proxecto para a rehabilitación das termas da Chavasqueira entra no rexistro do Concello de Ourense

A empresa xestora das termas de A Chavasqueira, Ibernisha SL. vén de presentar no rexistro do Concello de Ourense o proxecto de rehabilitación das termas da Chavasqueira, paso previo necesario para a posta en marcha das obras de recuperación desta infraestrutura termal. A presentación do proxecto realizase case un mes despois do incendio das termas, na noite do 24 de abril. O documento someterase á tramitación dos preceptivos informes municipais e sectoriais necesarios, previos á súa aprobación polo Concello no caso de que estes informes sexan positivos. A empresa concesionaria,…

Ver+

20 de maio Celebración do Día Mundial da Abella. Festival Internacional de Xardíns de Allariz

O vindeiro 20 de maio a Escola Galega de Apicultura celebrará  o Día da Abella no Festival Internacional de Xardíns de Allariz, cunha actividade que terá lugar nos arredores da Casa dos Polinizadores, un gran “hotel” de insectos ubicado nos xardíns para ofrecer aloxamento a multitude de abellas e polinizadores de diferentes tipos. Alí ofreceranse obradoiros para escolares e público infantil, para que os nenos e nenas aprendan a importancia das abellas no medio ambiente e os múltiples beneficios que nos aportan. As  Nacións Unidas declararon o Día Mundial da…

Ver+

O Fogar do Santiso instálase en Allariz

Allariz conta cunha importante rede hostaleira e parte dela funciona a través da colaboración público privada en forma de concesións municipais como a Pousada Torre Lombarda, o Mesón Portovello ou o Fío do Liño entre outras. A Fábrica de Vilanova, situada a carón da ponte románica, é outra destas concesións, que abrirá no próximo mes de xuño con nova xestión, a do Fogar do Santiso, que traballa en Galicia dende 1966 co obxectivo de por en valor a cultura galega, o rural e as tradicións labregas. O Fogar do Santiso converteuse…

Ver+

Xornadas de portas abertas no CITA. Día Internacional dos Museos. Pontevedra

O Centro de Interpretación das Torres Arcebispais, CITA, celebra co gallo do Día dos Museos -18 de maio- con tres xornadas de portas abertas. O acceso nestes días será gratuíto e regularase en función do aforo limitado da instalación. As xornadas de portas abertas terán o seguinte horario: Venres 17 de maio, de 10.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 21.00 Sábado 18 de maio, de 10.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 21.00 Domingo 19 de maio, de 10.00 a 14.00 horas Ademais o propio Día Internacional…

Ver+

O Concello de Ourense participa na xuntanza da comisión técnica do proxecto Geoatlantic en Escocia

O Concello de Ourense participa activamente a través da Concellería de Promoción Económica no proxecto europeo Geoatlantic, que aposta por fomentar o desenvolvemento sostible aproveitando as enerxías renovables, Representantes municipais asisten hoxe na localidade de Inveravay, Escocia, á xuntanza técnica do grupo de traballo que ten como finalidade compilar esforzos e iniciativas xunto cos socios europeos do arco atlántico que participan no proxecto, co lema Promovendo a enerxía xeotermal e xeotérmica. O proxecto, aposta por fomentar unha cidade sostible, baseada na utilización das enerxías renovables, e moi especialmente dun dos maiores recursos…

Ver+

I Festa Gastronómica do Choco da Ría. Campelo (Poio)

17 e 18 de Maio, na Praza da Granxa de Campelo (Poio) Apertura da Carpa o venres 17, como pregoeiro Pepo Suevos, disfruta do mellor Choco da Ría en empanada de millo e trigo, Choco con arroz na súa tinta e Choco Guisado… + INFO CLICK AQUÍ  

Ver+

El Cementerio de San Mauro; el sueño eterno pontevedrés

Fachada Entrada Cementerio. Imagen facilitada por el autor del artículo (O texto está escrito en español, respéctase o idioma de orixe) En todas las ciudades siempre hay sitios donde la historia y los recuerdos permanecen por siempre y donde el paso del tiempo es un tanto ajeno a ellos. Uno de estos recintos es el cementerio, lugar sagrado donde permanecen en su sueño eterno personajes de todo tipo y condición, unos más recordados que otros y que pertenecen a la historia de las ciudades y pueblos de nuestra geografía. En Pontevedra,…

Ver+

IV Edición de Enxebre Swing Festival. Bueu (programa)

O festival ofrecerá actividades dirixidas a bailaríns de lindy hop (lindy hoppers), pero tamén actividades dirixidas a tódolos públicos. Ademáis de persoas das Rías Baixas, o festival acollerá asistentes de toda Galicia, Cantabria, Girona, Madrid, Zamora, Portugal e ata de Inglaterra e Holanda. O festival arrica o xoves 16 de maio ás 18.30h cunha clase aberta de lindy hop no Paseo da Banda do Río de Bueu, impartida por Elena Branco e Jorge Patiño de Swing On School. Ese mesmo día, os asistentes poderán seguir bailando no mesmo lugar despois…

Ver+

Arquitectos de Barcelona visitan Pontevedra para coñecer o modelo de cidade

O Concello de Pontevedra recibiu esta mañá a visita do equipo do Departamento de Prospectiva da Dirección de Modelo Urbano da Área de Ecoloxía, Urbanismo e Mobilidade do Concello de Barcelona, encargado do proxecto das “Superillas”. O equipo deste departamento está integrado por nove arquitectos coordinados por Rosa López Olmos quen explicou que a visita a Pontevedra está enmarcada dentro do intercambio de información que está a realizar con outras cidades co propósito de mellorar a calidade de vida dos barceloneses. Rosa López explicou que a pretensión do Concello de…

Ver+

O Cemiterio Dos Ingleses

As nosas costas, e sobre todo, a famosa “Costa da Morte”, é temida en todo o mundopola súa dureza, é a cara implacable e severa da costa galega, con fortes ventos, cantiis inclementes e con grandes arrecifes e roquedales. O certo é que a pesar da súa crueza, a Natureza neste punto ofrece unha estampa espectacular, pero tamén impresiona, e é cruel. Todos temos recordos “negros” na nosa memoria desta costa con naufraxios importantes, pero como é lóxico, antigamente era moito peor, porque claro non había gardacostas, nin helicópteros que…

Ver+

Barro; entre capelas e muíños

Na foto San Martiño. Agudelo. Barro. As pegadas da antiga ocupación humana remítennos aos castros de Barro e Randulfe, ademais dos restos romanos da antiga Vía XIX. É necesario subliñar a igrexa de San Martiño de Agudelo, con notables restos tardorrománicos na ábsida (nun capitel represéntase un músico cunha zanfoña e unha viola) e na portada occidental, na que destaca a figura de San Martiño co Agnus Dei  no seu tímpano. Débese destacar igualmente a igrexa de Santa María de Curro, con abundantes restos tardogóticos, así como a barroca de…

Ver+