A primeira planta do Mercado de Abastos volverá a acoller este sábado, 9 de marzo, unha edición desta nova xeira de Sétima Feira. Como cada segundo sábado de mes, o primeiro andar da Praza estará aberto de 11.00 a 15.00 horas con ofertas de arte, moda, comida e música.
A parte infantil tamén é un dos reclamos da Sétima Feira. Nesta ocasión a cativada descubrirá o coidado do corpo, a orixe dos bailes, como improvisar e fabricar o seu propio estilo practicando danza contemporánea, africana, break ou hip-hop. A entrada aos obradoiros é de balde previa inscrición no enderezo setimafeira@pontevedra.gal ou directamente e por orde de chegada na Praza.
A sesión de picadiscos corre a caro de Sr. Fiuza dende as 11.00 horas e a partir das 13.00 horas está previsto un concerto de Tony Lomba.
A zona gastronómica contará, nesta ocasión, coa iniciativa da empresa de Pontevedra Cookela Catering.
Os postos que participarán nesta Sétima Feira serán:
- Ana Redmoon
- Belén Diz e Paulacheshire
- Creaciones con Ángel
- Graphics Project
- Hipsterkids
- Mamaié
- Nené son joyas
- Raralia
- Paseloquepase
- Patas de peixe editora
- Peixe de plata
- Sofía Camba
- Somosocénano
- Son D`Iria