Foto: Turismo de Galicia
A Carballa da Rocha é un carballo situado no concello de Rairiz de Veiga (provincia de Ourense), declarado Monumento Natural pola Xunta de Galicia o 1 de marzo do ano 2007, englobando seis leiras lindeiras que suman 0,6429 ha. Tamén foi declarada árbore senlleira o 17 de abril do 2007.
O exemplar convive con outras árbores centenarias de propiedade particular, o que queda dunha antiga carballeira que medraba nas beiras da desecada Lagoa de Antela.
O toro é corpulento, o seu perímetro na base é de 820 cm, bifúrcase aos 7 m de altura en dúas pólas de grandes dimensións chegando aos 33 m de altura.
Consérvase en bo estado, esmocouse por última vez nos anos 50 do século XX, e calcúlase que ten 500 anos.
Na carballeira celébrase todos os 24 de setembro a Romaría da Saínza, unha das poucas festas que representan a loita entre cristiáns e musulmáns en Galicia.
A Carballa da Rocha atópase dentro da reserva da biosfera Área de Allariz.
CÓMO CHEGAR
Vídeo : Reserva da Biosfera de Allariz
Fonte: Wikipedia