Unha delegación arxentina encabezada polo conselleiro do plan urbano de Buenos Aires, visita Pontevedra

Coñecer en vivo e polo miúdo o modelo urbana que colocou á Boa Vila como referente internacional. Con este obxectivo achegouse a Pontevedra o conselleiro do Plan Urbano de Bos Aires e profesor da Universidade de Belgrano, Fernando Verdaguer ao fronte dunha delegación de 30 alumnos e alumnas da Facultade de Arquitectura e Urbanismo.

A delegación arxentina mantivo unha reunión de traballo sobre o modelo Pontevedra co director xeral de Urbanismo, Xosé Manuel Tato e o intendente principal da Policía Local, Daniel Macenlle. Unha xuntanza na que se abordaron os eixos que guiaron a transformación da cidade e cuestións puntuais como a fórmula seguida para discriminar os tráficos e a xestión dos aparcamentos.

Ademais da exposición teórica, a delegación ten previsto percorrer a cidade para comprobar a tradución da formulación teórica no día a día.

Comparte!!!

Relacionados