Chega unha nova edición das Xornadas sobre o Entroido de Galiza, e xa van sete. Organizadas da man pola Sociedade Antropolóxica Galega e a Concellería de Festas , hoxe en día son o foro de referencia no país en canto a divulgación do entroido galego.
As xornadas celebraranse no CITA (Centro de Interpretación das Torres Arcebispais) os 15 e 16 de marzo, en horario de 18.00 a 21.00 horas. Ao igual que nas últimas edicións, o foro ábrese aos entroidos de Portugal e nesta ocasión contarase coa presenza da socióloga portuguesa Patricia Cordeiro, quen falará do carnaval de Podence.
Durante os dous días das xornadas, estará aberta no mesmo CITA, en horario de mañá e tarde, a exposición fotográfica “O Entroido galego”, do fotógrafo etnográfico Roberto de la Torre.