XIII Festa da Fabada de Marcón. Pontevedra

Deporte e gastronomía, un ano máis da man na Festa da Fabada que este ano chega a súa decimo terceira edición. Este ano coincidindo co 50 aniversario do Club Marcón Atlético chega cunha doce novidade: a inclusión de dúas sobremesas -unha mousse de queixo e unha versión da torta da avoa- elaborados como toda a comida polo cociñeiro Rubén García.

A recadación do día da Festa da Fabada e o balón de oxíxeno do club, segundo subliña o seu presidente, Carlos González.

O concelleiro delegado da parroquia de Marcón, Alberto Oubiña, acompañado de Carlos González e Rubén García presentou hoxe a nova edición facendo un chamamento a participación e a xenerosidade dos moitos veciños e veciñas que cada ano aproveitan o 1 de Maio para compartir unha fabada (e paella) co Marcón Atlético.

Preto de 800 racións de fabada e 500 de paella, ademais de 150 de cada un dos postres estarán a disposición das persoas que o vindeiro mércores se acheguen a Marcón. O prezo das racións é de 8 euros e o dos postres, 2.50 euros.

Comparte!!!

Relacionados