Os membros do Consello Municipal de Cultura que valoraron a totalidade de traballos presentados, e a súa Presidenta, a Concelleira de Cultura, Lidia Salgueiro Piñeiro, trasladan os seus parabéns a cada un dos gañadores/as, e o agradecemento a todos os/as participantes que se presentaron ao concurso, así como a imprescindible colaboración do profesorado dos centros e colectivos participantes nesta iniciativa.
Na sesión ordinaria do Consello Municipal de Cultura do día 10 de abril de 2019 fallou o resultado do Concurso Literario Xaime Illa Couto 2019 , resultando gañadores/as nas diferentes categorías:
Grupo A: de 6 a 8 anos*.
- Poesía A-4 Sofía Magdalena Míguez
- Relato A-10 Silvia Villaverde Alonso
Grupo B: de 9 a 11 anos*.
- Poesía B-18 Claudia Sieiro Iglesias
- Relato B-9 Noa Viñas Rodríguez
Grupo C: de 12 a 13 anos*.
- Poesía C-2 Angelina Jacquelina
- Relato C-1 Laura Casalderrrey García
-Grupo D: de 14 a 15 anos.*
- Poesía D-1 deserto
- Relato D-2 Sohna Faye
-Grupo E : de 16 a 18 anos.*
- Poesía E-1 Adrián Besada Padín
- Relato E- 1 Silvia Vila Esperón
Grupo F: de 18 anos* en diante.
- Poesía F-14 Jaime Barreiro Santos
- Relato F-22 Alberto Trillo Barca
A entrega de premios terá lugar na Casa de Cultura Xaime Illa de Raxó durante o acto que terá lugar o Día das Letras Galegas.