O Concello de Ourense acenderá as luces de Nadal en torno ao día 5

O Concello de Ourense acenderá as luces de Nadal en torno ao día 5

O Concello de Ourense acenderá a iluminación de Nadal en torno ao día 5 de decembro. Aínda que a primeira data dispoñible por contrato sería o 27 de novembro, definitivamente o Concello de Ourense atrasará unha semana o pistoletazo de saída do Nadal, buscando facer coincidir o acendido das luces coa volta e reapertura da hostalería ourensá.

O Concello agarda que ambos os feitos sucedan en torno ao sábado 5 de decembro. O pasado ano xa se acenderan as luces ese día, e para este ano, oalcalde de Ourense, Gonzalo Jácome, xa anunciara en rolda de prensa o día 31 de outubro que a data de acendido podería ser calquera desde o 27 de novembro, aínda que se enfocaba cara á véspera da ponte de decembro. Agora si, xa non hai dúbida, o Concello definitivamente agardará a que volva a hostalería para dar o acendido inaugural.

O goberno municipal entende que facer coincidir o acendido das luces do Nadal coa volta ao público dos locais de hostalería, non só é un acto de solidariedade co sector (agardando por eles), senón que é ademais un modo de anunciar aos catro ventos a todos os ourensáns, que a hostalería está de volta, e que a cidade entrégase (sempre con precaución ante á denominada nova normalidade), ao espírito e festexos do Nadal. Facer coincidir ambas as datas é ademais un modo de promocionar o empresariado local. O goberno local confía que para esas datas unha esperada remisión da pandemia faga factible todo iso.

Salientar tamén que a rúa do Paseo non levará arcos de adornos cada certos metros, senón que toda ela estará cuberta completamente por un teito, un manto de luces continuo.

Fai clic para calificar esta publicación!
[Total: 0 Average: 0]
Comparte!
Voltar arriba