Iluminación Ornamental na Pontes das Correntes e dos Tirantes. Pontevedra

Iluminación Ornamental na Pontes das Correntes e dos Tirantes. Pontevedra

Despois de semanas de probas, o departamento de Obras Urbanas que dirixe o concelleiro Demetrio Gómez pon en marcha  a iluminación ornamental das pontes das Correntes, dos Tirantes e da pasarela peonil da Illa do Cobo, seguindo a liña de traballo iniciada no verán coa ponte do Burgo.

As tres pontes terán unha iluminación branca a base de proxectores de tecnoloxía LED, que permitirán resaltar tanto as estruturas como crear unha nova panorámica do río Lérez. Como afirmou o concelleiro Demetrio Gómez, “cambiará a paisaxe nocturna da cidade”.

Con este novo proxecto lumínico, a ponte das Correntes dispón de 106 proxectores LED RGBW en pezas de aceiro inoxidable e con control único programable, o que permite un sistema de acendido de luces de cores similar ao que se instalou na ponte do Burgo.

Aínda que a iluminación será branca na maior parte da tarde-noite-madrugada, a ponte das Correntes sumarase ao espectáculo de luces de cores que se realiza cada noite na ponte do Burgo durante 5 minutos

 

Fai clic para calificar esta publicación!
[Total: 0 Average: 0]
Comparte!
Voltar arriba