“Enclave de Cámara” e o “Ciclo Lírico”. Ourense

“Enclave de Cámara” e o “Ciclo Lírico”. Ourense

O Concello de Ourense, a través da Concellaría de Cultura ten programado para o mes de novembro cinco eventos musicais, dous concertos do ciclo Enclave de Cámara, que se consolida como evento estable de música de cámara.

  • 12 de novembro, xoves, ás 20:30h, no Auditorio, teremos o concerto do Dúo del Valle.
  • 22 de novembro, domingo, ás 19:00h, no Auditorio, teremos o concerto do Dúo Cassadó, para festexar a patroa da música, santa Icía.

Para rematar o mes teremos, tamén no Auditorio, a quinta edición do Ciclo Lírico, con tres imperdibles concertos:

  • 25 de novembro: En terras alleas, cen anos de música viaxeira, un programa conmemorativo do quinto centenario da primeira volta ao mundo Magallanes-Elcano.

Será un fascinante percorrido musical renacentista da man de mestres de capela viaxeiros, con músicas que dan fe da mestura musical na Europa do século XVI da man da soprano Delia Agúndez, xunto a María Alejandra Saturno coa viola de gambia e Alicia Lázaro ao laud.

  • 26 de novembro: Os albores do Lied, Beethoven e Schubert, con Tobias Berndt, barítono, e Alejandro Picó-Leonís ao piano.

Co barítono austríaco Tobias Berndt e co prestixioso pianista acompañante Alejandro Picó-Leonís faremos un percorrido pola lírica máis internacional, polo lied de Schubert e Beethoven, un itinerario pola lírica clásica europea.

  • 27 de novembro: A lírica galega, con Nuria Lorenzo, mezzosoprano, e Alejo Amoedo ao piano.

Será unha homenaxe ao Ano Nós no que estamos inmersos na cidade. Así, Nuria Lorenzo, mezzosoprano, acompañada ao piano de Alejo Amoedo, ofrecerannos un concerto con textos de Pedrayo, Risco ou Cuevillas. Outros textos serán de Rosalía de Castro, Eugenia Osterberger ou Curros Enríquez.

A noite rematará cunha estrea, un regalo de Juan Durán, premio Raíña Sofía de composición, “Tríptico rosaliano”, sobre poemas de Rosalía de Castro.

Fai clic para calificar esta publicación!
[Total: 0 Average: 0]
Comparte!
Voltar arriba